Un ano máis, o Concello de Ribadeo a través da Comisión Interinstitucional de Violencia de Xénero, organiza as Xornadas formativas de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local. Este ano é a VI edición e está adicada aos poderes que sustentan a violencia machistae o Observatorio participa nas xornadas presentando un proxecto que por fin ve a luz despois de dous anos de traballo, o Trivial Feminista!. Se queredes saber máis, o sábado 20 ás 12.30h no Cine Teatro de Ribadeo

 

Estas xornadas formativas terán lugar a tarde do venres 19 de abril e o sábado 20 no Cine Teatro de Ribadeo.  Tedes toda a información aquí e aínda estades a tempo de facer a vosa inscrición.

 

 

Programa das VI Xornadas formativas de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local. Os poderes que sustentan a violencia machista.

 

Venres 19 de abril

 

16.30. Inauguración das xornadas, con Fernando Súarez Barcia, alcalde de Ribadeo e Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade.

 

17:00. Relatorio As desigualdades no ámbito laboral, con Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.

 

18.00 – 18:15. Pausa-café

 

18.15 – 19:15: Relatorio A reforma da xustiza penal a debate. O dereito ante a violencia machista contra as mulleres. Avances e retrocesos, con Xulio Ferreiro Baamonde,  profesor de dereito procesual da UDC e maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo.

 

19.15. Proxección do spot da campaña Igualámonos.

 

Sábado 20 de abril:

 

Mañá

 

10:30-12:00. Relatorio O control e  poder das redes sociais. Novas formas de sexismo na rede, con Urko Fernández Román, director de proxectos de Pantallas Amigas.

 

12:00-12.30. Pausa-café

 

12:30-13:30. Panel de experiencias. Presentación do Trivial Feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade con Ana Méndez-Iragorri Sánchez e Presentación da páxina web www.noseaspresadelatalla.com da Federación de Mujeres Jóvenes con Rocío Álvarez Fernández.

 

Tarde

 

16:30-17:30. Relatorio O poder da sexualidade. Unha manifestación da violencia de xénero oculta, con representantes da iniciativa “me han violado.com” e Angelines Cruz Landeira, profesora de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da Universidade de Santiago.

 

18.00-19:00. Relatorio Novas formas de violencia contra as mulleres, con Rosa Cobo Bedia, profesora de socioloxía na Universidade da Coruña.

Síguenos nas redes:

Share This