E no Observatorio estreamos o mes de marzo cunha nova presentación. O próximo venres 1 de marzo, ás 20.30h na Casa das Letras de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro “22 documentos do feminismo galego“, da Fundación Galiza Sempre.
No acto intervirán:
– Xesús Veiga Buxán, presidente da Fundación Galiza Sempre
– Isabel Rodríguez Mate, historiadora e investigadora.
Este libro recopilatorio deixa constancia do dificil que é conseguir os dereitos das mulleres e a súa legalidade. Os documentos recopilados, panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e o 2003, agrúpanse en diferentes apartados: o empeño de ruptura co rol tradicionalmente asignado ás mulleres, a sexualidade, o traballo fóra da casa, a necesaria independencia económica das mulleres ou a súa actuación na esfera política.

Agardámosvos!!!


