O pasado xoves 14 de febreiro tivo lugar no IES Monte Castelo de Burela a presentación do número 54 da Revista Galega de Educación, de Nova Escola Galega. O monográfico Construíndo os afectos desde a escola

 

Na presentación interviron

 

Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade

Emilio González Legaspi, de Nova Escola Galega

Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico

África López Souto, colaboradora no monográfico

 

Este número 54 da Revista Galega de Educación toca temas tan interesantes como os estereotipos de xénero nos medios de comunicación, o cinema e a educación emocional, as marcas de xénero que transmiten as cancións favoritas d@s adolescentes, os modelos de publicidade, a homosexualidade e a homofobia ou diferentes experiencias nas escolas a través das bibliotecas escolares, etc. Un número moi completo que vos recomendamos e do que podedes consultar o sumario neste enlace.

 

         

Síguenos nas redes:

Share This