Se o ano pasado adicamos a nosa Axenda Feminista ás nosas músicas, este ano é a quenda das nosas escritoras. Iniciamos, pois, a campaña 2013 Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…” co obxectivo de renderlles homenaxe, visibilizar o seu traballao e poñelo en valor. Comezamos, no mes de xaneiro, con Teresa Moure. Deixámosvos co texto e a foto que nos enviou para a Axenda Feminista 2013!

 

 

 

Din de Teresa Moure que no seu tempo libre escribe. Ás veces, mesmo nas paredes, e non falta quen asegura tela visto emborrallando o mobiliario urbano por falta dun enchufe para o computador, aínda que procura sempre que non a pillen nestes excesos porque non quere acabar coa súa reputación de persoa cívica por unha destas arroutadas artísticas. Entre parede e parede, reparte aloumiños sen medida, que ela nunca foi contida nin mesurada, cultiva unha horta ateigada de flores dunha beleza mortífera e acompaña as formigas nos seus traballos de verán. Aínda que ninguén a viu nunca sen un libro na man, mente a quen a queira escoitar contándolle detalles atrapallados sobre as súas experiencias −que só ela asegura que son tantas−, e as súas viaxes ao longo do planeta, −que só ela cualifica de exóticas−. O seu maior desexo sería pastorear unha manda de xirafas mais, como estes teimudos animais non se dan afeito á choiva, está pensando en inventar algo con que varrer as nubes negras do ceo. Non tanto polas xirafas, senón porque ela, que precisa a humidade como os fiúnchos, cada día que pasa, máis devece polo sol. 

Teresa Moure

                                                                                                          

Síguenos nas redes:

Share This