Xa está aquí a Axenda Feminista 2013: Escritoras Galegas. “Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…”, do Observatorio da Mariña pola Igualdade!
 	 
   
Xa é o terceiro ano que o Observatorio da Mariña pola Igualdade edita a súa axenda feminista. Se o primeiro ano (2011) estiveron adicadas a reivindicacións pola igualdade aínda pendentes, e no 2012 ás músicas galegas, este ano é o turno das Escritoras Galegas. O Observatorio quere, con esta iniciativa, render homenaxe a todas elas, visibilizar o seu traballo e valorar as súas aportacións á nosa cultura. É por elo que a Axenda Feminista 2013 conta con grandes nomes como Teresa Moure, María Xosé Queizán, Begoña Caamaño, Aurora Marco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Marta Dacosta, Marica Campo, Begoña Paz e Eva Moreda. Todas elas, ao igual que o ano pasado as músicas, nos enviaron unha foto e un texto escrito expresamente para esta axenda.
Ademais, poderedes atopar na axenda a bibliografía en galego de todas as escritoras, datas relevantes para o movemento femininista, o calendario menstrual 2013 e algunha sorpresiña máis.
Se queredes facervos cunha Axenda Feminista 2013: Escritoas Galegas. “Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…” só tedes que acercarvos a calquera destes puntos de venta:
- Ribadeo: Libraría Casa das Letras e Tenda de Calidade Guidán (onde a praza de abastos)
- Foz: Libraría Bahía.
- Burela: Libraría Espacio Lector Nobel, Libraría Atril (no parque) ou Comercial Auma (onde a Igrexa).
- Viveiro: Libraría Porta da Vila
- Santiago de Compostela: Libraría feminista Lila de Lilith
E se ningún destes puntos de venta vos pilla a man, sempre podedes poñervos en contacto con nós a través do noso facebook, desta páxina web (apartado “contacto”), no mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668. Enviámosvos a axenda por correo postal a onde nos digades!
Para este 2013 decidimos facer a axenda en tamaño A5 e cosida, con tapas duras. Tamén inclúe unha goma para manter as tapas pechadas e unha cinta para marcar o día. O prezo da axenda é de 10 euros (8 euros para soci@s)
Na axenda colabora a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a ribadense Andrea Lombardía (andrea.lombardia@gmail.com), encargada do deseño da cuberta.
Non quededes sen ela!!
 	
.
 
					

