O IV Video-forum Mulleres no Mundo chega a súa fin coa proxección da película ¿Y ahora a dónde vamos? (Líbano), da directora Nadine Labaki, este xoves 29 de novembro ás 19.00h no salón de actos da UNED (IES de Foz).

 

 

Sinopse: película narra a historia dun cortello de mulleresvestidas de negro,  que se dirixen ao cemiterio baixo un sol abrasadorapresando contra o seu corpo fotos dos seus esposos, pais ou fillos. Todas comparten a mesma dor, consecuencia dunha guerra funesta e inútil. Ao chegar á entrada do cemiterio, o cortello divídese en dous grupos: un musulmán e outro cristiá. Nun país destrozado pola guerra, estas mulleres mostran a absoluta determinación de protexer as súas familias de toda clase de ameaza exterior. Con enxeño, inventando estrataxemas esperpénticas, intentarán distraer a atención dos homes para que esquezan o rancor. 

 

Nadine Labaki, unha das directoras máis coñecidas na industria árabe, tamén é a directora de Caramel (proxectada no I Video-forum Mulleres no Mundo), a película libanesa máis aclamada internacionalmente até o momento e distribuída en máis de 40 países. 

 

Recordade toda a actividade é gratuíta e que, ao igual que no resto de películas, repartiremos cafés e chocolates quentes para as persoas que o desexen!

 

Agardámosvos!

Síguenos nas redes:

Share This