Este xoves 15 de novembro terá lugar a segunda proxección do IV Video-forum Mulleres no Mundo. Desta volta será a película En el camino (Bosnia Herzegobina), de Jasmila Zbanic, ás 19.00h no salón de actos da UNED, no IES de Foz.

A película narra a historia de Luna e Amar, unha parella moza moi unida que intenta superar os obstáculos que xorden na súa relación: o alcoholismo del, a obsesión dela por ser nai, as dificultades económicas e dous xeitos distintos de entender a relixión. Tras ser despedido do seu traballo pola súa adicción á bebida, Amar acepta un traballo nunha comunidade musulmá fundamentalista, bastante lonxe de Saraxevo. Pasado certo tempo, Luna consegue ir visitalo e descobre, en medio dunha paraxe idílico, un mundo descoñecido e cheo de rituais onde homes e mulleres viven completamente separados. Prégalle a Amar que volva a casa, pero el oponse xa que nese ambiente ten atopado a paz e consegue superar a súa adicción á bebida.
Ao igual que o xoves anterior, coa proxección de Criadas y Señoras, o Observatorio repartirá gratuitamente cafés e chocolates quentes, acompañados dunhas pastas, ás persoas que o desexen.
Recordade que toda a actividade é gratuíta! Vémonos o xoves!


