A deste ano xa é a IV Edición dunha das actividades máis asentadas e exitosas do Observatorio: o Video-forum Mulleres no Mundo! Organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, en colaboración coa UNED e Radiofoz, o obxectivo é achegarlle á cidadanía mariñá e galega, mediante o cinema, a realidade vital de mulleres moi diversas pertencentes a ámbitos sociais e culturais moitas veces afastandos e distantes. Por outro lado, tamén pretendemos destacar que a discriminación de xénero é unha cuestión universal, que afecta a todas as mulleres do mundo. E, finalmente, esta actividade serve para pór en valor as contribucións das mulleres aos distintos eidos do saber, destacando neste caso o traballo das directoras de cinema. 

 

 

Este ano o video-forum non se centrará no cinema dun lugar xeográfico específico, senón que teremos moita variedade e se visionarán películas realizadas en EE.UU, Líbano, Bosnia Herzegobina e Canadá e India. E, ao igual que o ano pasado e despois do éxito que supuxo, repartiranse gratuítamente cafés e pastas entre as/os asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións

 

O Video-forum comezará o próximo xoves 8 de novembro, en horario de 19.00h a 21.00h, e se levará a cabo en catro xoves consecutivos do mes. O prazo de inscrición está xa aberto e poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes. Quen desexe inscribirse na activdade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo a foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo persoalmente ás aulas da Universidade en Foz (sitas na Rúa Castelao, s/n)

 

Ao igual que todos os anos as sesións de Mulleres no Mundo estarán guiadas por socias do Observatorio e a metodoloxía consistirá en facer unha pequena presentación e contextualización do filme, realizar o visionado da película e, ao remate, iniciar o debate-reflexión guiado pola monitora. Os filmes deste ano son: 

 

8 de novembro: Criadas y Señoras. Dirección de Tate Taylor. EE.UU.

15 de novembro: En el camino. Dirección de Jasmila Zbanic. Bosnia Herzegobina.

22 de novembro: Fuego. Dirección de Deepa Mehta. Canadá/India.

29 de novembro: ¿Y ahora a dónde vamos?. Dirección de Nadine Labaki. Líbano.

 

Agardámosvos!!

Síguenos nas redes:

Share This