Estreamos outono e estreamos mes na nosa Axenda Feminista 2012 Daquelas que Cantan, desta volta adicándolle o mes de outubro a tres mulleres: Carmen, Maruxa e Tereixa de Fuxan os Ventos. Deixámosvos co texto e a foto que nos mandaron!
 	
E as mulleres silenciadas do rural foron quen de manter na memoria colectiva o que, por imperativo legal, non se permitia divulgar; vai xa para 40 anos que Carme, Maruxa e Tereixa, xunto co resto de compañeiros de Fuxan os Ventos, facendo o que máis nos gustaba – CANTAR – decidimos achegar o noso gran de area na recuperación e dignificación da música tradicional galega, cantando e contando no propio idioma a situación dun País que quería saír definitivamente da Longa Noite de Pedra.
Seguimos no camiño.
Carmen, Maruxa e Tereixa
 
					

