E coa chegada de setembro vos deixamos o texto e a foto que encabeza dito mes na nosa Axenda Feminista 2012 Daquelas que Cantan. Desta volta, coas Leilía.
 	
A nosa historia, a razón de ser de Leilía, está intimamente ligada á historia deste País, unha historia do día a día contada e cantada por aquelas mulleres que souberon expresar a través da música, do son rotundo das súas voces, os amores, os desconcertos, as picardías, as penas… Elas souberon gardar un tesouro que agora forma parte de nós, un legado do que sentírmonos orgullosas. Si, tamén a túa nai, a túa avoa, bisavoa, tiaavoa…foi unha delas, e si, ti tamén levas dentro ese tesouro, e dende o recoñecemento e o profundo respecto, vai o noso agradecemento a todas as que fixeron posible que este País poida seguir escribindo, cantando, contando, rindo… en feminino, porque nosa é esta historia!
Leilía
 
					

