O mes de Xullo adicamos a nosa campaña Daquelas que Cantan a Susana Seivane. Deixámosvos coa foto e o texto que nos enviou para a nosa axenda feminista 2012.

 

 

Susana Seivane naceu en Barcelona no ano 1976, no seo da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galiza. Comezou a súa andaina musical ao cumprir os tres anos de idade. Aos dez trasládase á Coruña con toda a súa familia, e comeza a facer concertos de musica tradicional. Aos vinte anos inicia a súa carreira profesional gravando, aos vinte e dous, o seu primeiro disco, Susana Seivane. Dende entón, Susana viaxou por Europa e América mostrando a súa visión da música tradicional galega, arranxada dun xeito moderno e divertido e acadando un notábel éxito. Na actualidade acada de editar o seu cuarto disco tituladoOs soños que volven” e continúa coas súas xiras por Galiza, España e o estranxeiro

 

Síguenos nas redes:

Share This