desTAPA a igualdade. porque así gañamos tod@s. Ese é o lema que lucirá nas servilletas do bares participantes no Ribadeo de Tapeo 2012. O Observatorio da Mariña pola Igualdade aproveitará a VII Edición do concurso do Ribadeo de Tapeo, que se celebrará entre o 18 e o 27 de maio, para facer unha campaña a prol da igualdade de xénero na vila. Para elo, repartiránse 140.000 servilletas co lema desTAPA a igualdade. porque así gañamos tod@s entre os 51 bares participantes este ano no concurso coa fin de que, durante os días que dure o tapeo, sexan utilizadas por toda a xente que se anime a degustar as distintas tapas. 

 

Con esta iniciativa o Observatorio pretende apostar pola igualdade de xénero en todos os aspectos da vida, incluídos os momentos de ocio, e facer fincapé en que coa igualdade gañamos tod@s, mulleres e homes. É fundamental que a cidadanía tome conciencia de que a pesares de que existe unha igualdade formal, refrendada nas leis, é necesario seguir a loitar por unha igualdade real, por unha sociedade máis xusta e igualitaria na que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e deberes. É por iso que as servilletas deste ano do Ribadeo de Tapeo invitarán á xente a desTAPAR a igualdade, facela visible, compartila e gozala

 

Asímesmo, o Observatorio invita a todas as persoas a cociñar a receita da igualdade que se poderá atopar no libriño editado coas distintas tapas e locais participantes. A receita, para estes días de cañas, viños, cociña e tapeo, é moi sinxela:

 

Na nosa ensalada propoñemos ideas frescas, materia prima sensible e trato humano. agarimoso e respectuoso. Desbotar o sexismo e a violencia para, no canto, poñer boas doses de educación, xustiza e convivencia. Garantimos boa saúde, de corpo e alma. Porque séndomos diferentes, mulleres e homes, somos iguais como persoas. Cos mesmos dereitos, deberes e posibilidades de . Iso queremos cociñar, con todas e todos vós. E agora a gozar! desTAPEmOs a igualdade!”

 

Síguenos nas redes:

Share This