E seguindo coa campaña 2012 DAQUELAS QUE CANTAN, de visibilizar e valorar ás nosas artistas, adicamos o mes de marzo a Silvia Penide. Deixámosvos coa foto que nos enviou para a axenda feminista, extraída do EP “Las Erres Dobles” , e o texto que a acompaña.

“Comecei a escribir moi nova, cuns 10 anos xa adoraba o sentido da PALABRA, esa que nos fai libres, que nos dá as armas precisas para defendernos nas disputas ou achegarnos nos momentos cálidos. Convencida de que a PALABRA dá coraxe, sigo a escribir case cada día peores ou mellores cancións pero todas co nexo de unión de que saen dun compromiso firme.
Coido que hai moitas variantes de ser humano, coma no mundo vexetal, todos temos características únicas, diferentes, pero todos precisamos raíz. Unha raíz libre de prexuízos, que non se debilite.
NOrmalidade,
quizáis sen máis,
non hai sinais,
de superheroes”.
Silvia Penide


