O Observatorio participou, o pasado xoves 16 de febreiro, na presentación que tivo lugar no CENIMA (Foz) do último número da Revista Galega de Educación, adicada  aos xogos e xoguetes tradicionais. No acto, organizado por Nova Escola Galega, interviron:

Suso Ferreiro, de NEG e profesor no IES Dionisio Gamallo (Ribadeo): necesidade de xogarXermán Vilubada Liga Nacional de Billarda e músicoXogar en contexto con fórmulas e xoguetes-instrumentosEmilio González, do NEG e orientador do IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao): O monográfico do REG. Os xoguetes tradicionaisAna Méndez-Iragorri, técnica de igualdade do Observatorio da Mariña pola IgualdadeO xogo e o xoguete. Consciencia e necesidade de coeducar

 

 

A nosa exposición centrouse na importancia do xogo e o xoguete na construcción da identidade de xénero e da necesidade que existe, polo tanto, de coeducar a través do xogo se queremos contribuír a unha educación das nosas nenas e nenos libre de estereotipos sexistas. Como xa sabedes, a socialización de xénero comeza no momento do nacemento e o xogo, na primeira infancia, ocupa un lugar fundamental deste proceso

 

Pero antes de culpar aos xogos de sexistas habería que remitir esta acusación a unha sociedade que no S.XXI aínda perpetúa uns roles sexistas. Hoxe en día seguimos a ver como  nenas e nenos asisten a un bombardeo vendo como os estereotipos e roles sexistas se manteñen a pesar dos anos e da suposta evolución do ser humano. Na maioría das publicidades da pasada campaña de Nadal, séguese a incidir na idea arcaica de cociñitas e bonecas para as nenas, para que se fagan unha idea da vida que lles espera, e coches e violencia para os nenos, para que non se desmarquen da masculinidade hexemónica. 

 

É necesario, polo tanto, falar de coeducación. De educar a nenas e nenos á marxe dos roles e estereotipos sexistas que impón a sociedade, de xeito que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e non se marquen diferenzas culturais – non naturais – nos xogos, nas cores, no xeito de comportarse, etc. polo feito de ser home ou muller. Cómpre insistir en que os xoguetes non teñen sexo, en regalar ás nenas e aos nenos de todo. Non se trata de que agora os nenos xoguen coas bonecas e as nenas cos coches para así superar o estereotipo tradicional, trátase de que tanto nenas como nenos utilicen indistintamente todos os xoguetes e xoguen a todos os xogos.  É moi necesario  superar esa dualidade tradicional de “isto é de nenos” e “isto é de nenas” e permitir que os xoguetes sexan empregados por ambos sexos indistintamente. 

 

Deberíamos librarnos, concienciando e coeducando ás persoas, de estas ideas arcaicas que aínda seguen a dominar a  nosa sociedade. O xogo e os xoguetes, como instrumentos esenciais para a aprendizaxe de normas, valores, costumes e roles poden ser un bó camiño, para comezar xa desde as idades máis temperás.

   

Síguenos nas redes:

Share This