Como xa sabedes, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organizou a pasada semana unha charla informativa, en Ribadeo, sobre o novo réxime das traballadoras do fogar. Ao acto acudiron algo máis de 70 persoas, tanto da parte traballadora como da empregadora, para infomarse das novas modificacións que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro

Dende o Observatorio estamos a preparar unha campaña informativa máis fonda para toda A Mariña. En breve vos informaremos de novos actos!. De momento, deixámosvos con algunha información das cousas máis importantes que se falaron o outro día e das que nos informaron Mercedes Andrade e Teresa Rodríguez, da asociación compostelá de empregadas do fogar Xiara. Lembrade que calquera dúbida que teñades tedes que poñervos en contacto con nós!

 

 

 

A partir do 1 de xaneiro, a cotización á Seguridade Social das traballadoras do fogar é do seguinte xeito

  • Cotizarase dependendo do soldo, segundo os tramos que aparecen abaixo. O soldo mensual calcúlase incrementado coa prorata de pagas extras. Por exemplo, 500 € ao mes e dúas pagas enteiras é:

              500×14/12= 583,33 e estaría para a cotización no tramo non 12.

  • A base que corresponde ao tramo 12 é 579,86 €, á que se aplica o 18,3% para continxencias comúns (ten un 20% de desconto nas novas altas), un 1,10% para accidentes laborais e un 3,7% que é a achega da traballadora.
  • A parte empregadora ingresa cada mes toda a cota de seguridade social, que é a suma da aportación da empregadora e a da traballadora
  • Desaparecen as traballadoras discontinuas, as que se daban de alta na Seguridade Social e pagaban elas mesmas a súa cotas.
  • Xa non hai que pagar a cota enteira nas baixas de enfermidade e maternidade, séguena pagando as dúas partes como cando se está de alta e traballando.
  • A baixa de accidente de traballo cobrarase dende o primeiro día. A de enfermidade cobrarase dende o cuarto ata o oitavo día a cargo d@ empregador/a, a partir do noveno día a baixa pagaraa a Seguridade Social.
  • Nas contratacións posteriores ao 1-1-2012, hai que darse de alta directamente no Réxime Xeral; para as contratacións anteriores a esa data hai 6 meses, ata o 1-7-2012 para pasar ao Réxime Xeral. Nese tempo, o xeito de cotizar e a prestación da baixa serán como no pasado.
  • A parte empregadora non poden obrigar a pagar a cota á Seguridade Social, é unha obriga das dúas partes. Daránse os seguintes casos:
  1. A parte empregadora que antes non cotizaba porque tiñan contratadas menos de 20 horas ou porque a traballadora acudía a varios domicilios, cando comece a cotizar á Seguriade Social poderá reducir o soldo mensual segundo as cifras que aparecen na táboa como aportación da traballadora
  2. Polo contrario, a parte empregadora que viñera pagando a cota única antes da reforma, e comece agora a cotizar máis barato (segundo se ve na táboa), terá que subir o salario á traballadora. Para saber canto a operación é esta resta: Para saber canto, a operación é esta resta:

    27,68 (que é o que antes pagaba a traballadora, e se lle deducía do soldo) – o que pagará segundo a táboa. Exemplo. quen gañaba 500 € e cotizaba 27,68, agora cotizará 17,90 €. Téñenlle que pagar a diferenza: 27,68 – 17,90 =9,78 € máis ao mes.

  3. As que gañen máis de 700 € seguen cotizando igual, non varía nada.

 

 

  Tramo

Soldo mensual con

prorrata de pagas

Base de

cotización

Cuota total Seguridade Social

Aportación

da

Traballadora

Con

bonificación

Sin

Bonificación 1

1

Ata 74,83

   90,20

    17,54

    20,84

     3,34

2

74,84 a 122,93

   98,89

    19,23

   22,84

     3,66

3

122,94 a 171,02

  146,98

    28,56

   33,95

     5,44

4

171,03 a 219,11

  195,07

    37,96

   45,06

     7,22

5

219,12 a 267,20

  243,16

    47,27

   56,17

     9,00

6

267,21 a 315,30

  291,26

    56,62

   67,28

    10,78

7

315,31 a 363,40

  339,36

    65,98

   78,39

    12,56

8

363,41 a 411,50

  387,46

    75,33

   89,50

    14,34

9

411,51 a 459,60

  435,56

   84,68

  100,61

    16,12

10

459,61 a 507,70

  483,66

   94,03

  111,73

    17,90

11

507,71 a 555,80

  531,86

 103,39

  122,84

    19,68

12

555,81 a 603,90

  579,86

 112,72

  133,95

    21,45

13

603,91 a 652,00

  627,96

 122,07

  145,06

    23,23

14

652,01 a 700,10

  676,06

 131,42

  156,17

    25,01

15

Desde 700,11

  748,20

 145,45

  172,83

    27,68

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En canto aos salarios mínimos para o 2012 establécese que

Para unha xornada de 40 h semanais, o salario mínimo que poderá recibir unha traballadora será 641,40 €/mes (S.M.I) en catorce pagas. Se a xornada é inferior ás 40 horas á semana, o salario calcúlase en proporción.

Recoñécese o dereito a percibir dúas pagas extraordinarias para os que cobran o salario mínimo en relación coa súa xornada.

  • Salario mínimo anual: 8.979,60 €/ano en 14 pagas
  •  Valor mínimo da hora extra 5,02 €/h
  • Valor mínimo da hora de presenza 5,02 €.
  • A cota de Seguridade Social depende do tramo da base de cotización no que se encontre o salario
  •  Para o ano 2012, o tipo de cotización será do 22% (18,30 para o empregador/a e 3,70% a cargo da traballador/a)
  • Os salarios mínimos, poden mellorarse mediante a negociación entre as partes.
  • Respetando a xornada máxima de traballo e os períodos mínimos de descanso, pódese establecer un tempo de presenza, o cal debe estar establecido polas partes tanto na súa duración coma no modo da súa retribución ou compensación.
  • En todo caso, as horas de presenza non poderán exceder de vinte horas semanais de media nun período de referencia dun mes e retribuiranse cun salario de contía non inferior ao correspondente ás horas ordinarias.
  • En caso de pactarse estas horas de presenza teranse en canta á hora do cálculo salario día, o cal determina o importe de vacacións e futuras indemnizacións.

 

 

HORAS SALARIO   BRUTO SALARIO NETO
40 641.60 613.72
39 625.37 597.69
38 609.33 581.65
37 593.30 568.29
36 577.26 552.25
35 561.23 536.22
34 545.19 521.96
33 529.16 505.93
32 513.12 491.67
31 497.09 475.64
30 481.05 459.60

 

Síguenos nas redes:

Share This