O próximo xoves 10 de novembro terá lugar a terceira sesión do III Video-forum Mulleres no Mundo coa proxección da película La niña santa (Argentina, España, Italia), de Lucrecia Martel. A cita, coma sempre, ás 19h no salón de actos da Uned (Foz). Entrada gratuíta con café e pastas incluído!

Sinopsis: Amalia é unha nena, ao igual que outras do coro, que se cuestionan as súas crenzas relixiosas. Cando o Dr. Jano chega a dar unha charla ao hotel onde vive Amalia xunto coa súa nai, ela sente que ten unha misión: liberar do pecado a ese home que está seducindo a súa nai.
Agardámosvos!


