O próximo día 22 de outubro terá lugar o OUTONO FEMINISTA EN MONDOÑEDO, o I Encontro Feminista que terá lugar na Mariña de Lugo. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade queremos realizar unhas xornadas de debate e culturais, un encontro para todas e todos no que se poña en valor o traballo desenvolto polas mulleres galegas no ámbito cultural, entendendo a cultura como factor dinamizador dun pobo, dunha sociedade, tanto no aspecto económico -pola riqueza que crea e xera no territorio- como de formación da cidadanía nunha serie de valores.

 

Para este encontro contaremos con mulleres galegas referentes nas distintas áreas culturais, tanto no eido musical, literario ou audiovisual.

Deixámosvos co programa e agardámosvos o próximo 22 de outubro en Mondoñedo, na casa da xuventude!. Haberá un xantar de confraternidade no restaurante O Valeco –  no barrio dos Muiños –  cun prezo de 12 euros, 8 para soci@s (é necesario anotarse previamente a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668)

 

 

PROGRAMA:

Mañá:

10h

Mesa redonda: Feminismo e escrita. A creación literaria das mulleres galegas. (Carmen Blanco, Marica Campo e Teresa Moure)

 

12.00h– 12.30h: Descanso

 

12.30h:

Mesa redonda: Músicas en feminino. As mulleres e a música en Galiza.

(Guadi Galego, Olga Nogueira e Ugia Pedreira)

 

14.30: Xantar de confraternindade (é necesario anotarse previamente)

 

Tarde:

16h:

        Mesa redonda: As mulleres e o cinema en Galiza. (Diana Gonçalves, Margarita Ledo e Carmen  Rábade)

 

18h – 18.15h: Descanso

 

18.15h:

Proxección da curta “Bata por fóra, muller por dentro” de Claudia Brenlla (18’)

       Tempo de debate e reflexión

19h:

      Proxección do documental “Mulleres da raia” de Diana Gonçalves (42’)

        Tempo de debate e reflexión

 

20.30h: Clausura do encontro

Síguenos nas redes:

Share This