
Unha das actividades máis exitosas e asentadas do Observatorio chega a súa terceira edición!. O III Video-forum Mulleres no Mundo, centrado este ano no cinema latinoamericano, desenvolverase nas aulas de UNED, en Foz, durante catro xoves consecutivos, a partir do próximo 27 de outubro, en horario de 19h a 21h.
O prazo de inscrición está xa aberto, e na actividade poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes. Quen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n). Asimesmo, calquera persoa que non precise os créditos de libre configuración non é necesario que se apunte e poderá acudir libremente a cantas sesións queira do Video-forum.
As sesións de “MULLERES NO MUNDO” estarán guiadas por membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filme, para a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día:
● 27 de outubro: Las mujeres de verdad tiene curvas. Dirección de Patricia Cardoso, USA.
● 3 de novembro: La teta asustada. Dirección de Claudia Llosa. España/Perú
● 10 de novembro: La niña santa.Dirección de Lucrecia Martel. Argentina/España/Italia
● 17 de novembro: Qué tan lejos. Dirección de Tania Hermida. Ecuador
Agardámosvos!!


