O Observatorio da Mariña pola Igualdade foi invitado a participar nas IV Xornadas sobre a Violencia de Xénero que terán lugar o próximo 2  e 3 de Xuño no Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro, en Ares. En concreto, o Observatorio intervirá o venres día 3 ás 12.00h na mesa redonda “Educar para previr”, na que tamén participará unha representante da Asociación Chisem (Asociación para a prevención e intervención psicolóxica) e  a profesora Branca Nazaré Guerreiro Muñoz (CPI Dr. López Suárez)

 

Ana Méndez-Iragorri, técnica de igualdade do Observatorio, será a encargada de representar á asociación e presentar as actividades levadas a cabo  durante os últimos 3 anos en materia de educación e igualdade: a campaña de sensibilización “Dálle a Volta”, os obradoiros “Dándolle a Volta”,  que se impartiron durante todo o 2010 por nove dos doce  IES da Mariña e, finalmente, o estudo “Actitudes de xénero no profesorado e alumnado da Mariña. Claves para unha escola coeducativa” que acaba de ser publicado o pasado mes de abril.

 

    

Síguenos nas redes:

Share This