O pasado xoves 28 de abril o Observatorio estivo no IES de Foz, convidado polo equipo de Normalización Lingüística do mesmo, para impartir un taller sobre A discriminación de xénero mediante a linguaxe: alternativas para unha linguaxe non sexista desde a escola.

 

A nosa experta en lingua e xénero Olga Castro foi a encargada de impartir o obradoiro, que contou con máis dunha vintena de participantes e no que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa linguaxe e os usos lingüísticos sexistas. Durante o curso OlgaCastro fixo referencia tamén ás alternativas e estratexias ás que podemos acudir para non caer na linguaxe sexista. Tamén se fixo fincapé na importancia da escola para facer consciente ao alumnado deste sexismo sutil e das alternativas que son posibles e desexables. En resume, unha actividade con case dúas horas de explicación e debate que resultou altamente interesante tanto para os participantes como para o propio Observatorio e que contribúe a avanzar nesta cuestión no noso ámbito de actuación.

Moitas grazas ao IES de Foz polo convite!

Síguenos nas redes:

Share This