Este xoves 28 de abril terá lugar a presentación do libro-cd Actitudes de xénero no profesorado e alumnado de secundaria na Mariña. Claves para unha escola coeducativa. A cita é ás 19.00h no salón de actos dos IES de Foz (rúa Castelao s/n

O libro-CD Actitudes de xénero no profesorado e alumnado de secundaria na Mariña. Claves para unha escola coeducativa é unha monografía pioneira na comarca que, ao longo das súas 150 páxinas, achega datos reveladores sobre as percepcións de xénero na educación na nosa comarca e ofrece unha guía de recursos e actividades para avanzar cara a unha escola coeducativa. Esta monografía é resultado dun exhaustivo estudo cuantitativo e cualitativo levado a cabo durante o ano 2010 polas membras do Observatorio en todos os IES da Mariña.
Tras o remate da presentación, repartiranse exemplares deste libro-CD entre todas as persoas interesadas.
Agardámosvos!


