“O DESEXO EN IMAXES, I CICLO DE CINEMA ERÓTICO DA MARIÑA”, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, en colaboración co CENIMA e Radiofoz, ten como obxectivo aproximar as/os espectadores ás interpretacións cinematográficas acerca do erotismo e do sexo na gran pantalla desde unha perspectiva de xénero. O ciclo de cine desenvolverase todos os venres de febreiro no salón de actos do CENIMA. O ciclo de cinema está dirixido tanto a homes como a mulleres e a entrada é gratuita. 

As sesións estarán guiadas por unha experta do Observatorio que seguirá unha metodoloxía participativa. Nas mesmas farase unha breve aproximación ao erotismo no cine, repasando algunhas das súas etapas, estilos, directoras/es…para posteriormente pasar á proxección dunha película representativa de cada tema abordado. O programa é o seguinte: 

  • Venres 4 de febreiro: A década dourada, anos 70.

20:00-20:30. Presentación: Pequeno recorrido pola historia do cinema erótico ata chegar aos anos 70.

20:30: Proxección:Ultimo Tango en París. Bernardo Bertolucci. Francia/Italia

 

  • Venres 11 de febreiro: As grandes proxeccións de Hollywood, anos 80/90.

20:00-20:30. Presentación: O cinema erótico na industria estadounidense.

20:30: Proxección: El cartero siempre llama dos veces. Bob Rafelson. EUA.

 

  • Venres 18 de febreiro: O cine erótico e a literatura

20:00-20:30. Presentación: A relación entre o cinema e a literatura erótica.

               20:30: Proxección: Damage/Herida. Louis Malle. Reino Unido/Francia.

 

  • Venres 25 de febreiro: O cinema erótico xaponés

     20:00-20:30 Presentación: O cinema erótico en Xapón

     20:30: Proxección: El imperio de los Sentidos. Nagisa Oshima. Xapón/Francia

 

Desde o Observatorio consideramos que desde unha perspectiva feminista, o erotismo é un paso importante na concienciación e superación das diferentes manifestacións da discriminación das mulleres. Deste xeito, o coñecemento do propio corpo e da sexualidade por parte das mulleres é un elemento fundamental para conseguir o cambio social que nos achegue a unha sociedade igualitaria e polo tanto mais xusta.

Por todo isto, a proposta do Observatorio de realizar un ciclo de cinema erótico vai mais aló da mera proxección e do intento de aproximación como espectadores/as a un tipo de cine; xa que con isto tamén tentamos acercar o erotismo e a carnalidade ás mulleres como un elemento seu, propio, que pode e debe manexar como persoa libre e suxeito completo da sociedade.

Síguenos nas redes:

Share This