Cun deseño atractivo, a Axenda Feminista 2011 do Observatorio da Mariña pola Igualdade dedica cada un dos 12 meses de 2011 a 12 reivindicacións sobre problemáticas moi presentes na nosa sociedade sobre as que aínda hoxe existe unha clara discriminación de xénero, ilustrándoas cunha fotografía das participantes no obradoiro fotográfico “Olladas de Mulleres. Visións desde A Mariña”, organizado polo Observatorio no pasado ano.

Amais, nos diferentes días da axenda tamén indicamos aqueles que resultan máis representativos nos avances feministas, a nivel galego e internacional. A axenda inclúe tamén un calendario menstrual, folliñas para notas e calendario de 2012.


