O Centro de Interpretación da Mariña de Foz albergoua exposición “Feminismo Galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, entre o 2 de decembro de 2010 e o 2 de xaneiro de 2011.

 

 

A exposición xa percorreu desde a súa creación moitas viñas e cidades de Galiza, chegando por primeira vez á comarca da man do Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración co Cenima. Esta exposición itinerante recolle, nun formato atractivo e accesible para públicos amplos, diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do feminismo galego. O contido temático vai desde a importancia da II República na proclamación do sufraxio universal ás primeiras organizacións de mulleres no franquismo, o movemento feminista e a cuestión do divorcio, a violencia de xénero, a sexualidade e a maternidade feminina, a loita pola igualdade, o avance do sufraxismo, etc…

A exposición Feminismo Galego: cambios sociais e dereitos das mulleres foi creada pola Fundación Galiza Sempre coa colaboración do Ministerio de Educación e a Deputación da Coruña.

Síguenos nas redes:

Share This