A exposición ‘Feminismo Galego: cambios sociais e dereitos das mulleres’, creada pola Fundación Galiza Sempre coa colaboración do Ministerio de Educación e a Deputación da Coruña, chegou á comarca da man do Observatorio da Mariña pola Igualdade. O Centro de Interpretación da Mariña de Foz acolleu a mostra entre o 2 de decembro de 2010 e o 2 de xaneiro de 2011.

 

 

Esta exposición itinerante recolle, nun formato atractivo e accesible para públicos amplos, diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do feminismo galego. O contido temático vai desde a importancia da II República na proclamación do sufraxio universal ás primeiras organizacións de mulleres no franquismo, o movemento feminista e a cuestión do divorcio, a violencia de xénero, a sexualidade e a maternidade feminina, a loita pola igualdade, o avance do sufraxismo, etc…

 

Descarga o [rokdownload menuitem=”10″ downloaditem=”39″ direct_download=”true”]xornal de Feminismo Galego[/rokdownload]

Síguenos nas redes:

Share This