O Observatorio desenvolveu a segunda edición do Videofórum “Mulleres no Mundo” entre o 5 de novembro e o 3 de decembro en Foz, durante 5 venres, contando coa colaboración da UNED e Radio Foz.
As películas proxectadas foron Los Limoneros (Eran Riklis, Israel), Osama (Siddiq Barmak, Afganistán), Persépolis (Marjane Satrapi Irán/Francia); Agua (Deepta Mehta, India) e Offside (Jafar Panahi, Irán).
O principal obxectivo que persegue o Observatorio da Mariña pola Igualdade con esta iniciativa é darlle a coñecer á cidadanía galega, homes e mulleres, as realidades vitais de mulleres moi diversas de Afganistán, India, Irán e Israel. Deste xeito, pretendemos destacar, por un lado, que a discriminación de xénero é unha cuestión universal que afecta a todas as mulleres do mundo, aínda que adquire unhas materializacións diferentes en función das continxencias que definen cada sociedade e cultura. E polo outro, que non hai un único xeito de “ser muller” nin unha esencia feminina, senón que a pluralidade de experiencias vitais e de desexos das mulleres obríganos a ter sempre en conta a enorme diversidade de mulleres.


