En 2009, durante o último venres de outubro e todos os venres de novembro, tivo lugar en Foz, en colaboración coa aula universitaria da UNED e con Radiofoz, o videofórum “Mulleres no Mundo”.
Co visionado das películas Mooladé, Kandahar, Grbavica, El Círculo e Caramel traballouse sobre realidades vitais de mulleres moi diversas de Senegal, Afganistán, Serbia, Irán e Líbano. Alén disto, a experiencia serviu para pór en valor as contribucións das mulleres aos distintos eidos do saber, destacando neste caso o traballo das directoras de cinema.
A segunda edición reuniu no mes de novembro de 2010 os filmes Los Limoneros (Eran Riklis, Israel), Osama (Siddiq Barmak, Afganistán), Persépolis (Marjane Satrapi, Irán/Francia), Agua (Deepa Mehta, India) e Offside (Jafar Panahi, Irán).



