Premios da Crítica – Modalidade Iniciativas Culturais e Científicas
O día 19 de novembro dúas compañeiras recolleron o Premio da Crítica Galicia 2016 na convocatoria de Iniciativas Culturais e Científicas.
O evento celebrouse en Vigo e a organización dos premios comunicounos que o Observatorio estaba nomeado ao tempo que nos convidaba a asistir á gala para, si era o caso, recoller o premio. Esta comunicación viña acompañada da petición expresa de confidencialidade en canto ao nomeamento.
Na concesión do premio ao Observatorio o xurado salientou que “esta iniciativa afonda no traballo necesario pola igualdade de xénero dando visibilidade ao esforzo das mulleres desde o campo literario ao científico. O xurado considerou, así mesmo, o esforzo engadido de xestar unha iniciativa cultural destas características na Mariña. A confluencia da muller, a lingua minorizada e a marxe xeográfica confire a este proxecto un carácter de múltiple subalternidade que consideramos digno de ser centro da nosa atención”.
Desde a directiva elixida na última asemblea xeral, queremos que todas @s soci@s sintades como voso este premio, tanto si acodes con frecuencia aos actos e actividades que o Observatorio organiza como si vas esporadicamente; tanto si colaboras activamente nos grupos de traballo como se non; tanto si nalgún momento formaches parte da directiva como si es asociad@ de base, tanto se fuches fundadora como si te asociaches recentemente … Este é un proxecto colectivo do que nos temos que sentir orgullos@s tod@s.
Este premio é de todas as persoas asociadas e todas aquelas persoas e institucións que colaboraron co Observatorio ao longo da súa historia e por ende de todo o feminismo .
Como feministas compartimos o orgullo deste premio que nos dá azos para seguir neste camiño da loita pola igualdade de xénero desde este recuncho do País e defendendo a nosa lingua e a nosa cultura.
Apertas feministas
O premio nos medios:
Premios da Crítica
Sermos Galiza
Praza Pública
Faro de Vigo
El Progreso