Manifesto do Observatorio da Mariña pola Igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista
O machismo segue a matar. Así de claro e así de triste. Máis de 40 mulleres asasinadas no que vai de ano. E isto ésó a punta do iceberg, o visible, dunha lacra social que en pleno século XXI aínda teñen que padecer as mulleres.
A violencia machista basease na desigualdade existente entre homes mulleres. Na cultura patriarcal e misóxina naque nos criamos xa desde pequenas e pequenos. Nos roles e estereotipos que, dende o momento do nacemento, nos van marcando os diferentes camiños a seguir, tanto a uns como a outras. E o problema non son esas diferenzas. O problema está na xerarquización, no machismo, nesa “ideoloxía, comportamento ou actitude de quen defende a supremacía do macho e non acepta a igualdade de dereitos entre o home e a muller” (Dicionario da Real Academia Galega).
O feminismo, superando os tópicos e deformacións que desde o aparato de propaganda ideolóxica e mediática se verten contra el, converteuse nunha ferramenta esencial e especialmente creativa e anovadora dentro do campo dasloitas que buscan a transformación desta realidade inxusta. A pesar de que ao longo da historia a violencia contra as mulleres estivo invisibilizada, actualmente, grazas ás accións do movemento feminista, é recoñecida socialmente e considerada como un grave problema. Pero para moitas persoas esta violencia circunscríbese ás mortes, á violenciafísica grave e ás agresións sexuais e non recoñecen como tal outros tipos de violencia máis sutís como a violenciapsicolóxica, a económica, o acoso sexual no traballo, a imposición de roles comportamentos, reclusión no mundodoméstico, ou a violencia simbólica que os medios de comunicación exercen coa imaxe que transmiten das mulleres.
É por iso que, dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade, queremos concienciar e chamar a sensibilización xaque a violencia machista é un problema social e polo tanto de todas e todos. O rexeitamento da violencia dendecalquera forma de expresión é necesario e moi importante. E non só o 25 de novembro, senón todo o ano!
Non podemos ficar impunes ante os retrocesos que estamos a vivir e que nos venden como necesarios. Comezamos coa lei de familia aprobada no goberno galego – e tachada de regresiva e patriarcal polo Consello Económico e Social -, que recupera o rol tradicional para as mulleres relegándoas ao ámbito doméstico. Seguimos coa reforma da lei do aborto que, de aprobarse, nos levará de novo 30 anos atrás. E esta semana sorpréndennos coa nova lei de taxas xudiciais, coa que voltaremos de novo a unha xustiza que só se poderán permitir os ricos e pola que, seguramente, moitas mulleres o pensen dúas veces antes de interpoñer unha demanda de divorcio ou unha demanda por acoso por razón de sexo na empresa. Por non falar da última idea do goberno do Estado español, que pretende eliminar do Código Penal o concepto de violencia de xénero, tipos penais como a falta de vexación inxusta e rebaixar a carga punitiva naqueles delitos relacionados co terrorismo machista.
Pero hai máis medidas que afectan indirectamente sobre as mulleres. Respecto á lei de dependencia, desde setembro suprimiuse a cobertura social ás persoas coidadoras – maioría delas mulleres – de dependentes e se lles reduciu nun 15% a paga percibida. Ou na educación, coa supresión do programa prescolar na casa, o déficit de prazas nas escolas infantís públicas ou o aumento nun 45% do custe das prazas nas mesmas. Indirectamente, todas estas medidas relegan de novo ás mulleres ao ámbito de fogar para facerse cargo dos máis pequen@s ao non ter dispoñibles estes servizos públicos básicos e non poderse permitir pagar a unha terceira persoa.
Seguir con estas políticas regresivas é violencia contra as mulleres!. O Informe sobre Desenvolvemento Mundial 2012 do Banco Mundial vén de avalar e ratificar que apostar pola igualdade de xénero aumenta un 26% a produtividade económica dos países. Que non nos enganen!
Dende o feminismo, seguiremos a loitar contra o machismo. Porque queremos vivir nun mundo no que a igualdade real (que non formal) entre homes e mulleres sexa unha realidade. Porque vivir sen violencia é un dereito!
Observatorio da Mariña pola Iguladade
25 de Novembro do 2012