Cartel 19
Cartel 5
Cartel 15
Cartel 17

calendario

Último mes marzo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 9 1 2 3 4 5
week 10 6 7 8 9 10 11 12
week 11 13 14 15 16 17 18 19
week 12 20 21 22 23 24 25 26
week 13 27 28 29 30 31
Actividades
Homenaxe á mestra e pegadoga Antía Cal

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade, e en colaboración co Concello de Muras, queremos convidarvos aos diferentes actos que terán lugar o vindeiro sábado 28 de novembro  e cos que queremos rendir unha merecídisima e agarimosa homenaxe á mestra e pedagoga Antía Cal

 

Ler máis...
 
VII Video-forum Mulleres no Mundo

Xa está aquí! Un ano máis o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza, en colaboración coa Uned  e Radiofoz, o Video-forum Mulleres no Mundo. Sete edicións xadunha das actividades máis asentadas do Observatorio, nas que desde o Observatorio seguimos apostando polo cinema para achegarnos a realidades de mulleres doutros lugares do mundo máis ou menos afestados de Galiza. Durante as edicións pasadas coñecimos as realidades das mulleres de  Israel, Afganistán, Irán, Francia, India, Líbano, Serbia, Senegal, Ecuador, EE.UU, Arxentina, Perú, Bosnia Herzegobina, Canadá, Suíza ou Arabia Saudita. Neste 2015 viaxaremos a Arxentina, Israel, Reino Unido e á nosa casa, Galiza. Ademáis, no noso empeño en visibilizar o traballo das mulleres en diferentes eidos, coñeceremos a 4 directoras xa que todas as películas están dirixidas por mulleres

 

 

 

VII Vídeo-forum Mulleres no Mundo desenvolverase no salón de actos da UNED de Foz durante catro xoves consecutivos, a partir do 5 de novembroen horario de 19 a 21 horas. O prazo de inscrición está xa aberto, e na actividade poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantesQuen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n).

 

Aquí tedes a programación detallada deste VII Mulleres no Mundo, con películas ben interesantes que non adoitan chegar ás salas de cinema da Mariña nin das principais cidades galegas

 

  • 5 de novembro: XXYDirección de Lucía Puenzo. Arxentina.
  • 12 de novembro: Gett: el divorcio de Viviane Amsalem. Dirección de Ronit e Shlomi Elkabetz.Israel.
  • 19 de novembroA cicatriz branca. Dirección de Margarita Ledo. Galiza.
  • 26 de novembro: Hysteria. Dirección de Tanya Wexler. Reino Unido.

 

 

 

 

 

Como nas  edicións anteriores, as sesións do VII Video-forum estarán guiadas por socias do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filmepara a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día. Ademáis, ao ser formato café-debate, o  Observatorio repartirá gratuitamente cafés e pastas ás persoas asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións!

 

Agardámosvos en Foz, noutro novembro máis de cinema e mulleres!

 
Guadi Galego e Carme Rodríguez no V Músicas e Letras en Feminino en Ribadeo!

Un ano máis chega o Músicas e Letras en Feminino, unhas das citas máis asentadas - e esperadas! - da programación do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Será o próximo venres 11 de setembro e terá lugar, ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo. A que xa había ganas

 

 

Como xa sabedes, este evento busca promocionar a creación artística das mulleres galegas cunha cita anual que se consolida xa na axenda cultural mariñá con esta quinta edición. En pasadas edicións contárase coa presenza das cantantes Sés, Uxía e Ugia. Os concertos celebráranse en Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Para este quinto repetiremos localidade e contaremos dúas novas convidadas. Guadi Galego (Cedeira, 1974) será unha das artistas que se subirá ao escenario do o próximo venres 11. A cantante, recoñecida por prestar a súa voz a grupos galegos como Berrogüeto ou aCadaCanto, ven a presentar no Cine-Teatro de Ribadeo o seu último traballo discográfico «Lúas de Outubro e Agosto». Deste último traballo destaca a canción «Matriarcas», cuxo videoclip supera as 100.000 reproducións en Youtube. Xunto a ela estará a moza ribadense Carme Rodríguez, quen xa actuara con María Xosé Silvar (Sés) no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro. Ademais das actuación musicais, e para completar este V Músicas e Letras en Feminino un grupo de alumnas de institutos mariñás recitarán poemas de poetas galegas e mariñás. Con esta iniciativa o Observatorio da Mariña pola Igualdade segue a apostar pola visibilización e a posta en valor das nosas músicas e creadoras. Esta quinta edición de MÚSICA E LETRAS EN FEMININO afiánzase como evento cultural feminista de referencia, cun formato innovador, no que Ribadeo volve repetir como vila protagonista da axenda cultural da Mariña.

 

O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e poderase reservar ata o día 10 de setembro no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Colabora o Concello de Ribadeo coa cesión do Cine-Teatro. 

 

Agardámosvos!

 
VI Video-forum Mulleres no Mundo

Un ano máis por estas datas presentamos, en colaboración coa Uned e con Radiofoz,  o Video-forum Mulleres no Mundo. Outra edición, a sexta xa!, dun video-forum que nos permite achegarnos e profundizar nas realidades de mulleres de todos os recunchos do mundo. Ao remate desta sexta edición, o próximo 27 de novembro, serán máis de 30 as películas proxectadas nestes seis anos, a través das cales o público puido achegarse ao cinema de Israel, Afganistán, Irán, Francia, India, Líbano, Serbia, Senegal, Ecuador, EE.UU, Arxentina, Perú, Bosnia Herzegobina, Canadá, Suíza ou Arabia Saudita. Cinema dirixido maioritariamente por mulleres, e cinema recoñecido e premiado ao que moitas veces é complicado achegarse por non ser tan comercial nen chegar ás carteleiras das salas da Mariña nin das cidades galegas.  

 

 

Ler máis...
 
Íamos ser raiñas: charla-coloquio con Nuria Varela en Ribadeo!

Por fin podemos desvelarvos unha das actividades na que levamos tempo traballando e que nos fai moitísima ilusión: o próximo venres 27 de xuño, ás 20.30h na Casa das Letras de Ribadeo, teremos o luxo de ter con nós a  Nuria Varela na charla-coloquio Íamos ser raiñas, na que teremos a oportunidade de reflexionar e debatir sobre o machismo e o feminismo, o papel do feminismo hoxe en día, as diferentes violencias simbólicas que nos afectan e que están completamente naturalizadas, etc.

 

Ler máis...
 
Presentación en Ribadeo do último libro de María Xosé Queizán, O solpor da cupletista

O próximo mércores 23 de abril, Día Internacional do Libro, organizamos en Ribadeo a presentación do último libro de Maria Xosé Queizán, O solpor da cupletista (Ed: Xerais, 2013), unha novela onde Queizán nos presenta a Carolina Otero, a célebre actriz e bailarina galega da Belle Époque francesa. Na presentación estará a propia Maria Xosé Queizán, unha das máis relevantes escritoras galegas e figura clave do feminismo galego, así como Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia. 

 

Será ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo. Animádevos!

 

 

Ler máis...
 
«InicioAnterior12345678910SeguinteFinal»

Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es