Cartel 17
Cartel 15
Cartel 19
Cartel 5

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30

Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade levamos a cabo múltiples actividades na nosa comarca para intentar conseguir unha sociedade máis igualitaria. As charlas café sobre diferentes temas de actualidade, o curso de fotografía dixital "Olladas de Mulleres", o videofórum, a I Escola de Formación Feminista Corona González, a campaña "Dándolle a Volta" polos centros de ensino secundario, etc. forman parte xa do noso programa habitual de traballo. Unha ampla programación que precisa de apoios para poder seguir crecendo e na que o esforzo humano é moi importante. Se queres facerte VOLUNTARIA/O, contribuíndo co eu tempo e coñecemento á organización, deseño ou desenvolvemento de actividades, etc. do Observatorio, escríbenos, dinos en que poderías ou che gustaría colaborar.

 

Pero tamén a túa achega económica é moi importante, máxime na actual conxuntura de recorte de apoios económicos ás asociacións. É por iso que queremos convidarte a facerte SOCIA/O, contribuíndo coa cota anual de 20 euros ao ano. As socias e socios teñen as seguintes vantaxes:

 

>> Voz e voto na asembleas e actos do Observatorio

 

>> Descontos ou gratuidade naquelas actividades, cursos, xornadas... que realicemos

 

>> Dereito a solicitar e recibir en calquera momento información dos proxectos que levemos a cabo, así como do seu desenvolvemento

 

>> Recepción, con periodicidade anual, dunha memoria explicativa que recolla todas as actividades, cursos, proxectos que se leven a cabo ao longo do ano

 

 

FORMULARIO DE SOCIA/O:
[Formato .doc] [Formato .odt]

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es