Cartel 19
Cartel 15
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes xullo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 26 1 2
week 27 3 4 5 6 7 8 9
week 28 10 11 12 13 14 15 16
week 29 17 18 19 20 21 22 23
week 30 24 25 26 27 28 29 30
week 31 31
O Observatorio cualifica de retrógado o anteproxecto de Lei de Familia

 

O Observatorio da Mariña pola Igualdade quere poñer de manifesto o seu total rexeitamento ó  Anteproxecto de Lei de apoio á familia e á convivencia recentemente presentado pola Xunta de Galicia.  Ademais de estar redactado nunha linguaxe sexista, consideramos que é unha lei retrógrada que promove a volta a un modelo de familia tradicional e patriarcal no que as mulleres quedan relegadas ó ámbito doméstico e ó rol de nais e coidadoras.

 

Con esta norma, o Goberno Galego recorta os dereitos das mulleres e  mestura, a través dun discurso de forte compoñente ideolóxica, maternidade e sexualidade, esquecéndose da liberdade individual das mulleres para ser ou non ser nais. A este respecto, e o máis grave, é que  esta  lei cuestiona o dereito das mulleres a poder interromper o seu embarazo ó considerar que a vida existe no momento mesmo da concepción.

 

Cunha muller relegada ás tarefas do fogar e á natalidade, a Administración semella perseguir un aforro económico. Coas mulleres na casa deixarían de estar nas listas do paro e non sería necesario a construción de servizos básicos de proximidade para axudar ós homes e ás mulleres no coidado das/os fillas/os, como son as escolas infantís, as actividades extraescolares e outros recursos como os centros de día ou os necesarios para os dependentes.

 

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade ínstase á Xunta de Galicia a facer leis realistas, prácticas e que non persigan o control da vida afectiva e sexual das mulleres. Pedimos, así mesmo, que se creen as medidas necesarias para que homes e mulleres poidan ter descendencia e conciliar a súa vida laboral coa familiar.

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es