Cartel 17
Cartel 15
Cartel 5
Cartel 19

calendario

Último mes marzo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 9 1 2 3 4 5
week 10 6 7 8 9 10 11 12
week 11 13 14 15 16 17 18 19
week 12 20 21 22 23 24 25 26
week 13 27 28 29 30 31
Homenaxe á mestra e pegadoga Antía Cal
22 de Novembro de 2015

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade, e en colaboración co Concello de Muras, queremos convidarvos aos diferentes actos que terán lugar o vindeiro sábado 28 de novembro  e cos que queremos rendir unha merecídisima e agarimosa homenaxe á mestra e pedagoga Antía Cal

 

 

Como seguro que sabedes, Antía Cal (A Habana, 1923), estudou Maxisterio, Peritaxe Mercantil e tamén Filosofía e Letras (Xeografía e Historia, en Santiago de Compostela). En 1961 fundou o Colexio Rosalía de Castro en Vigo, que foi senlleiro en moitos aspectos: na metodoloxía empregada (Antía introduciu prácticas pedagóxicas progresistas, inspiradas na asociación catalá Rosa Sensat, en tempos de totalitarismo); en ser, xa na época, mixto; na educación plurilingüe (castelán, inglés… Durante a dictadura non era posible impartir aulas en galego, mais esta si era lingua de comunicación habitual fóra das aulas); na relación familia-escola... A pesar de ser un centro privado, ofrecía unha educación ao alumnado de todas as clases sociais, grazas a un pequeno sistema de bolsas creado dentro da propia escola.

 

Antía foi unha muller valente e pioneira en moitos ámbitos: ao ser unha das primeiras mulleres universitarias na Galiza da ditadura; na pedagoxía que seguía ou no compromiso coa nosa cultura (empregaba o galego nun ambiente urbano durante unha época en que estaba prohibido; colaborou activamente no xurdimento da editorial Galaxia; preocupouse por achegar a figura de destacadas personalidades galegas ao alumnado…

Desta volta queremos renderlle unha pequena homenaxe na terra da que é orixinaria e é por iso que, xunto co Concello de Muras, organizamos diversos actos que vos detallamos a continuación e aos que quedades convidad@s!:

 

10.30h: Descuberta da placa co nome de Antía Cal no colexio de Muras

 

11.00h, no local social: 

 

  • Mesa redonda “Educando iguais” na que teremos a oportunidade de coñecer a súa achega á pedagoxía na escola galega e ao feminismo das mans de Aurora Marco e de Antón Costa Rico, profesores da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Presentación dunha unidade didáctica sobre Antía Cal, material moi útil para empregar nos centros educativos e dar a coñecer a figura desta muller pioneira do feminismo galego, a cargo da mestra  Alba García Pico. (Quen o desexe pode descargar aquí  e aquí a unidade didáctica en formato pdf)
  • Intervención de veciñas e veciños de Muras lembrando a figura de Antía.
  • Entrega do título de Filla adoptiva do Concello de Muras
  • Actuación de Mini e Mero. 

 

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es