Cartel 17
Cartel 19
Cartel 15
Cartel 5

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30
Guadi Galego e Carme Rodríguez no V Músicas e Letras en Feminino en Ribadeo!

Un ano máis chega o Músicas e Letras en Feminino, unhas das citas máis asentadas - e esperadas! - da programación do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Será o próximo venres 11 de setembro e terá lugar, ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo. A que xa había ganas

 

 

Como xa sabedes, este evento busca promocionar a creación artística das mulleres galegas cunha cita anual que se consolida xa na axenda cultural mariñá con esta quinta edición. En pasadas edicións contárase coa presenza das cantantes Sés, Uxía e Ugia. Os concertos celebráranse en Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Para este quinto repetiremos localidade e contaremos dúas novas convidadas. Guadi Galego (Cedeira, 1974) será unha das artistas que se subirá ao escenario do o próximo venres 11. A cantante, recoñecida por prestar a súa voz a grupos galegos como Berrogüeto ou aCadaCanto, ven a presentar no Cine-Teatro de Ribadeo o seu último traballo discográfico «Lúas de Outubro e Agosto». Deste último traballo destaca a canción «Matriarcas», cuxo videoclip supera as 100.000 reproducións en Youtube. Xunto a ela estará a moza ribadense Carme Rodríguez, quen xa actuara con María Xosé Silvar (Sés) no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro. Ademais das actuación musicais, e para completar este V Músicas e Letras en Feminino un grupo de alumnas de institutos mariñás recitarán poemas de poetas galegas e mariñás. Con esta iniciativa o Observatorio da Mariña pola Igualdade segue a apostar pola visibilización e a posta en valor das nosas músicas e creadoras. Esta quinta edición de MÚSICA E LETRAS EN FEMININO afiánzase como evento cultural feminista de referencia, cun formato innovador, no que Ribadeo volve repetir como vila protagonista da axenda cultural da Mariña.

 

O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e poderase reservar ata o día 10 de setembro no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Colabora o Concello de Ribadeo coa cesión do Cine-Teatro. 

 

Agardámosvos!

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es