Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
Axenda Feminista 2015: Poetas Galegas

 

Pensabamos que non chegabamos a tempo, pero aquí está un ano máis a Axenda Feminista do Observatorio da Mariña pola Igualdade! Queredes saber a temática deste ano? Pois seguide lendo!

 

 

Efectivamente, como ben vedes na preciosa portada, a Axenda Feminista 2015 está adicada ás Poetas Galegas. Un ano máis escollemos un ambito cultural para visibilizar e valorar o traballo de doce mulleres galegas, unha por cada mes do ano. Se no 2012 foron as músicas, no 2013 as escritoras e  no 2014 as teatreiras, para este 2015 que está a piques de comezar queremos render homenaxe ás nosas poetas. As poetas e a poesía, capaces de rachar as lindes da norma e de estourar ceibes en todos os espazos

 

Porque, contra todo prognóstico, é posible construír, crear, dicir. Desde a rebeldía. Por iso, para este 2015, estarán con nós as palabras de Luz Pozo, Pilar Pallarés, Xiana Arias, Yolanda Castaño, Lara Rozados, Andrea Nunes, Estíbaliz Espinosa, Ana Romaní, Chus Pato, Eva Veiga, Berta Dávila Olalla Cociña. Están porque é necesario dicir o crac, poñer palabras ao que se rompe, falar desde a fenda, medir a fractura e as consecuencias, o seu centro e a súa expansión. Están porque nos son máis precisas que nunca novas chaves para abrir as nosas vidas, palabras que nos atravesen e nos removan, lentes coas que mirar o que nos rodea e a nós mesmas. Precisamos recuperar a palabra e cargala outra volta de significadofacela luz coa que prender os tempos escuros que estamos a vivir.

 

Coma sempre, na Axenda Feminista 2015 atoparedes fotos e textos inéditos das doce mulleres bravas que a protagonizan, así coma a súa bio-bibliografía coa principal obra en galego,  o calendario menstrual 2015 ou datas sinaladas dos movementos feministas.  O formato é o mesmo que os últimos anos: tamaño A5, cosida, tapas duras con goma para pechar e  cinta para marcar o día desexado

 

Para facervos coa vosa Axenda Feminista 2015 sobre Poetas Galegas acudide xa, antes de que se esgoten, a un dos seguintes  puntos de venta

 

  • Ribadeo: Libraría Casa das Letras e Tenda de Calidade Guidán.
  • Foz: Libraría Bahía.
  • Burela: Libraría Espacio Lector NObel e Papelería Atril.
  • Viveiro: Libraría Porta da Vila.
  • Coruña: Libraría Suevia.
  • Santiago de Compostela: Librería feminista Lila de Lilith e Libraría Pedreira
  • Lugo: Libraría Trama
  • Vilalaba: Libraría Pergamino 2 e Libraría Segrel

 

Tamén podedes poñervos en contacto con nós no mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou no teléfono 627.037.668. O prezo son 12 euros (10 para soci@s do Observatorio). Enviámosvos a axenda por correo postal (+2€ de gastos de envío) a onde nos digades!

 

Na axenda colabora a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o ribadense David Ribas Pena, encargado do chulísimo deseño da cuberta

 

Bulide a pola vosa Axenda Feminista 2015!

 

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es