Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
VI Video-forum Mulleres no Mundo

Un ano máis por estas datas presentamos, en colaboración coa Uned e con Radiofoz,  o Video-forum Mulleres no Mundo. Outra edición, a sexta xa!, dun video-forum que nos permite achegarnos e profundizar nas realidades de mulleres de todos os recunchos do mundo. Ao remate desta sexta edición, o próximo 27 de novembro, serán máis de 30 as películas proxectadas nestes seis anos, a través das cales o público puido achegarse ao cinema de Israel, Afganistán, Irán, Francia, India, Líbano, Serbia, Senegal, Ecuador, EE.UU, Arxentina, Perú, Bosnia Herzegobina, Canadá, Suíza ou Arabia Saudita. Cinema dirixido maioritariamente por mulleres, e cinema recoñecido e premiado ao que moitas veces é complicado achegarse por non ser tan comercial nen chegar ás carteleiras das salas da Mariña nin das cidades galegas.  

 

 

No VI Video-forum Mulleres no Mundo, que comeza o próximo xoves 6 de novembro, teremos a oportunidade de ver a primeira película dirixida por unha muller en Arabia Saudita.  Ao igual que nas edicións anteriores, desde o Observatorio seguimos a apostar polo cinema dirixido por mulleres polo que tres das catro cintas a proxectar están asinadas por mulleres

 

Coma sempre, Mulleres no Mundo terá lugar os xoves de novembro no salón de actos da Uned, no IES de Foz, en horario de 19h a 21h. O prazo de inscrición está xa aberto, e na actividade poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes. Quen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n).

 

Ao igual que en pasadas edicións, as sesións do VI Video-forum estarán guiadas por socias do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filme,  para a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día. Ademáis, e como ven sendo habitual nos últimos anos, o Observatoiro repartirá gratuítamente café e pastas ás persoas que o desexen para crear un clima distendido e familiar nos debates. As películas que se proxectarán nesta sexta edición son:

 

6 de novembro: La bicicleta Verde. Dirección de Haifaa Al-Mansour. Arabia Saudita

● 13 de novembro: Planes para mañana. Dirección de Juana Macías. España

● 20 de novembro: La fuente de las mujeres. Dirección de Radu Mihaileanu. Bélxica, Italia e Francia.

● 27 de novembro: Las chicas de la lencería. Dirección de Bettina Oberli. Suíza

 

 

         

 

 

Vémonos en Foz, noutro novembro de cinema!

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es