Cartel 15
Cartel 5
Cartel 19
Cartel 17

calendario

Último mes xullo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 26 1 2
week 27 3 4 5 6 7 8 9
week 28 10 11 12 13 14 15 16
week 29 17 18 19 20 21 22 23
week 30 24 25 26 27 28 29 30
week 31 31
Presentación en Ribadeo do último libro de María Xosé Queizán, O solpor da cupletista

O próximo mércores 23 de abril, Día Internacional do Libro, organizamos en Ribadeo a presentación do último libro de Maria Xosé Queizán, O solpor da cupletista (Ed: Xerais, 2013), unha novela onde Queizán nos presenta a Carolina Otero, a célebre actriz e bailarina galega da Belle Époque francesa. Na presentación estará a propia Maria Xosé Queizán, unha das máis relevantes escritoras galegas e figura clave do feminismo galego, así como Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia. 

 

Será ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo. Animádevos!

 

 

En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extracción moi humilde, que desde ben nova comprendeu que, dada a súa condición miserable, lle arrebatarían sen pagar o seu corpo e a súa beleza, de tal xeito que ela mesma decidiu usalo no seu proveito, chegando a converterse nunha das artistas europeas máis famosas da época. Cunha prosa directa que sabe mostrarnos as debilidades e grandezas dunha personaxe real e da súa Belle Époque, Queizán constrúe un relato intenso e apaixonante. Abordando a vida da Bela Otero desde a perspectiva máis íntima e persoal, e eludindo conscientemente os sucesos máis sonados do seu éxito, O solpor da cupletista desvélanos o verdadeiro rostro da artista, rostro que inevitablemente nos remite a unha infancia que Carolina Otero esconxurou para esquecela. Á novela curta, a autora engádelle nesta edición un interesantísimo ensaio de investigación baixo o título de Carolina Otero, a liberdade arrogante que reconstrúe as paisaxes do seu periplo vital.

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es