Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30
Isabel Risco

Continuamos a nosa campaña 2014 Non nacín para ser domesticadade visibilización e valoración das nosas teatreiras, adicándolle o mes de abril a Isabel Risco. Actriz, clown e pedagoga teatral, comezou a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres e mestras como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os sete magníficos mais un, Manicómicos e Producións Desaqueloutradas. No 2005 graduouse en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001. 

 

Deixámosvos co fermoso textoambientado na Mariña -  e a foto que nos enviou para a Axenda Feminista 2014 sobre Teatreiras Galegas

 

 

 

 

 

SEC. 1 TABERNA EN MONDOÑEDO. INTERIOR TARDE

A escena transcorre nunha taberna de Mondoñedo, na praza da catedral. Sabela, a rapaza que traballa atendendo as mesas, está sentada dentro da barra. O negocio está tranquilo e non hai moito que atender, nin as mesas, nin a barra, nin ningún elemento da estrutura do local, nin a ningún nin a ningunha das clientas. A atmosfera fai de bálsamo e a súa cabeza cae inconscientemente apoiada sobre da man, sendo o cóbado o vértice que sostén a parte superior da súa anatomía. Mais esa leve soneca vese alterada, xa que semella que un grupo de persoas atravesan a porta da taberna, o que fai reaccionar a Sabela, e cando enfocado comproba que son un grupo de mulleres ás que acompaña unha brétema. Veñen parolando animadamente e ocupan unha das mesas. Sabela está abraiada pola súa espectral presenza e polo ambiente que as arrodea, e non é quen de reaccionar. Elas continúan coa súa conversa.

 

Lois Weber: Grazas Urraca, por ensinarnos esta vila tan pintoresca e importante para a historia de Galiza.

 

Raíña Urraca: Nada Muller, para que logo digan que non son amábel. De feito fun eu quen se encargou de desprazar aquí a Episcopal no ano 1112. Mais segue contándonos da túa experiencia como directora de cinema a principios do século XX.

 

Lois Weber: Imaxinade! naquela época nos EUA, unha muller dirixindo filmes e tratando temas como o aborto e o control da natalidade, a pena de morte, o alcoholismo ou a drogadicción, complexos de asumir para aquela sociedade e mais sendo abordados por unha muller. María, e para ti como foi a vida no exilio?

 

María Casares: Se cadra esa traxedia transmutouse ao converterme nunha das máis notábeis tráxicas da miña xeración no cinema francés. Mais fico ben satisfeita ao saber que o meu pobo deulle o meu nome aos premios nacionais de teatro. Todo un orgullo. Ti tamén sabes o que é vivir lonxe da túa terra Hedy, non si?

 

Hedy Lamarr: Abofé que si! E do difícil que pode chegar a ser o feito de compatibilizar a túa carreira cinematográfica, con esa imaxe de glamour que fica na superficie, coas túas inquietudes e que tomaran en serio o meu traballo como matemática. Tamén é un orgullo saber que o meu invento de transmisión sen fíos fose o precursor do actual bluetooth

 

A xuntanza segue coa súa lapexada e Sabela decide achegarse onda elas, mais cando se vai arrimando á mesa aquela escena feminina comeza a esvaecerse. Todo semellou ser unha fantasía.

 

Houbo un tempo no que as mulleres tiñan prohibido, na maior parte de Europa, subiren ao escenario dun teatro, así que eran homes os que interpretaban os roles femininos; tiven a sorte, e deixáronme durante varios anos de teatro universitario, que me puidese resarcir desa inxustiza, ao interpretar un personaxe masculino, Xoán Rana, que era coñecido no teatro daquela época de prohibición. Un dos elementos máis importante do espectáculo é o público, non permitamos que nos quiten a posibilidade de entreternos, divertirnos, evadirnos, ou o que nos pete, na nosa lingua, coa nosa perspectiva e ao noso xeito.

 

Isabel Risco

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es