Cartel 15
Cartel 19
Cartel 5
Cartel 17

calendario

Último mes xullo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 26 1 2
week 27 3 4 5 6 7 8 9
week 28 10 11 12 13 14 15 16
week 29 17 18 19 20 21 22 23
week 30 24 25 26 27 28 29 30
week 31 31
Aberto o prazo de inscrición para o curso de fotografía dixital "Olladas de mulleres 3.0"

Tralo éxito dos diferentes cursos de fotografía dixital que dende o Observatorio vimos organizando desde o ano 2009, chega outra nova edición desta volta en Ribadeo: Olladas de mulleres 3.0. Queredes saber máis? Seguide lendo!

 

 

Para o próximo mes de abril, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdadepropoñémosvos recuperar as vosas cámaras dixitais e participar no curso de fotografía dixital Olladas de mulleres 3.0 que será impartido por Xela Fernández. Será os martes e xoves (concretamente os días 1, 3, 8, 10, 15, 22, 24 e 29), de 18.00h a 20.30h, no Telecentro de Ribadeo.

 

prazo de inscrición estará aberto até o próximo luns 31 de marzo. As prazas son limitadas e as mulleres que desexen anotarse  teñen que enviar un mail  a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou chamar ao 627.037.668. O prezo do curso son 10 eurosmenos para as socias do Observatorio que é gratis (se che apetece facerte socia, por 20 euros ao ano, aproveita e faino xa e o curso de fotografía sairache gratis!)

 

Cunha duración de 20 horas teórico-prácticas, Olladas de mulleres 3.0 é un curso de fotografía dixital enfocado a coñecer, mirar e analizar a imaxe desde un punto de vista feminista, así coma un espazo de diálogoreflexión e creatividade, de formación social e de expresión artísticaEntre outros obxectivos plantexa o de propoñer a fotografía como ferramenta de comunicación e, por suposto, coñecer a obra de diferentes fotógrafas que contribuíron e contribúen ás transformacións históricas na fotografía e á linguaxe da imaxe

 

Que vos parece? Animádevos? Deixámosvos o programa para ir abrindo boca

 

Sesión: Presentación. Ver e interpretar para crear entorno ao feminismo e á fotografía feita por mulleres (martes 1 de abril).

 

2º Sesión: Mulleres que miran, unha linguaxe propia. Viaxe pola historia da fotografía feita por mulleres, seguindo unha estructura cronolóxica que permita coñecer o traballo de diversas fotógrafas, sempre desde a óptica do análise e do discurso feminista (xoves 3 de abril)

 

3º Sesión: A cámara e a formación da imaxe: sobre as cuestións técnicas e compositivas básicas para a toma fotográfica (martes 8 e xoves 10 de abril)

 

4º Sesión: Comezo do módulo práctico. Traballarase un pequeno proxecto cun tema escollido na aula entre todas as alumnas, reflexionando sobre a visibilidade da mulleres e a súa representación na actualidade. Poñerase en práctica a teoría, a técnica e a estética aprendidas. Finalmente, terá lugar un visionado das imaxes obtidas e un pequeno debate entorno ás experiencias coa cámara (martes 15, martes 22, xoves 24 e martes 29 de abril).

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es