Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
Cristina Domínguez

Cristina Domínguez é outra das protagonistas da Axenda Feminista 2014 sobre Teatreiras Galegas e é por elo que lle adicamos o mes de marzo na nosa campaña Non nacín para ser domesticada... de visibilización e valoración das nosas teatreiras. Para @s que non a coñezades, que seredes pouc@s, foi directora do Centro Dramático Galego do 2005 ao 2009 e fundadora de A Factoría Teatro, na que dirixiu pezas de teatro textual até a súa marcha no 2006. No campo da dirección de escena, a súa traxectoria inclúe unha ducia de espectáculos con varios premios María Casares de Teatro á mellor dirección teatral. As do peixe, de Candido Pazó, é a súa última dirección escénica e foi premio do público no festival de Ribadavia no 2013. 

 

Deixámosvos co fermoso texto que nos enviou paraAxenda Feminista 2014.

 

 

 

O teatro é comunicación directa, primaria; é o corpo a corpo entre público e actriz ou actor.

 

Nunca esquecerei unha das primeiras veces que apreciei ese xogo entre público e intérprete: a acción reacción ante a palabra e o seu significado. Eran mulleres que asistían a unha representación dunha peza escrita por Franca Rame e que eu lle dirixira á actriz Mercedes Castro.

 

A reacción das mulleres que estaban entre o público era directa, liberadora; rían, opinaban, participaban do feito teatral conectando coa actriz e co texto. Elas fixéronme comprender a importancia do teatro para comunicar ideas, máis tamén o longo camiño que aínda nos quedaba por percorrer ás mulleres para ser e sentirnos as donas das nosa vidas, do noso presente e do noso futuro.

 

Desde entón tiven especial coidado ao dirixir aos personaxes de muller que foron aparecendo nos meus traballos ao longo dos anos. Sempre sen xulgalas, tentando dar diferentes puntos de vista e afastándome dunha imaxe convencional, para así exemplificar non desde a “convención” e si desde a complexidade da identidade feminina.

 

Síntome en débeda con todas esas mulleres que dirixín, con todos eses personaxes de muller que axudei a crear; e estas palabras queren ser unha homenaxe a todas as mulleres bravas, loitadoras, traballadoras e agarimosas que tanto enriba do escenario como entre o público, todas xuntas, estamos a construír un futuro máis xusto, dun xeito ben fermoso: participando no xogo do teatro, co que reinventamos a nosa realidade, e por que non, as nosas vidas.

 

Cristina Domínguez

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es