Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes xullo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 26 1 2
week 27 3 4 5 6 7 8 9
week 28 10 11 12 13 14 15 16
week 29 17 18 19 20 21 22 23
week 30 24 25 26 27 28 29 30
week 31 31
Ánxeles Cuña

Febreiro é o mes de Ánxeles Cuña na Axenda Feminista 2014 sobre Teatreiras Galegas. Pedagoga, dramaturga e directora, fundou en 1970 a compañía Sarabela Teatro, coa que acadou 54 premios coas diferentes obras dirixidasDirectora do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), tamén foi directora efémera do Centro Dramático Galego. A ela lle adicamos este mes a nosa campaña "Non nacín para ser domesticada..."  e por elo vos deixamos co seu texto e a súa foto da Axenda Feminista 2014. 

 

 

X.- Aconteceu nunha estación que cantaba as horas felices:

Y.- Tacatacatá, tiquití

X.- Amenceu a bugina abrindo os abanos da sensibilidade

Y.- Piu, xaiiiiiiii

X.- Quente arrecendo sen mar

Y.- ai, ai, ai!

X.- “do perplexo soño

Y.- (glups)

X.- das xeracións humanas”

Y.- Aflorou a luz con melodía…

X.- Ala!

Y.- Se cadra a buguina, o mar e o espertar olen tamén noutra estación

X.- Se cadra si, se cadra...

Y.- Nunca se sabe!

X.- “Hai que vivir dentro ou fóra do tempo coincidindo nas escumas”,

Y.- “Ou entregar o corazón? ”

X.- Ufff! Calor, moita calor.

X.- Ñññññññ Frío, moito frío.

Y.- Mmmmmmmm. Esperanza morna.

X.- Harmonía.

Y.- Petan os lóstregos no fondo do pozo porque vibra a alma sedenta de verdade e inunda de axóuxeres a entraña da terra mollada.

X.- Vou, dixo.

Y.- Son testemuña, sabes? Vexo as constelacións. Agradezo o risco.

X.- Elas dixeron: Sentimos as uvas na solaina!

Y.- Escóitase o latexo da amizade, expresando alta estima…

Degústase o sabor liberador que o padal percibe de ti.

X.- Gózase da cor do mel, do xade valente e firme.

Vóase con ás polos camiños e árbores da dignidade

Y.- Apalpemos o delicado xogo da historia,

mentres escoitamos o son da prolífica lembranza sementar futuro

X.- Saquemos o cranio no espertar da luz

Y.- Habitante de universos marabillosos.

Gozando polos mapas, polas arquitecturas, polos versos…

X.- Proxectando imaxes e faíscas.

Y.- Cantas raiolas!

Expresando compromiso

Na arela vital...

X.- No agarimo da amizade ese peito teu dura sempre.

Y.- Na sala dos espellos transmútanse os corpos, as voces, as emocións…

Excítanse as fillas inmortais, desafiantes…

X.- O manancial flúe

Desde a valentía

Desde o alento...

Están os tempos!

 

Ánxeles Cuña

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es