Cartel 19
Cartel 15
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30
Pilar Pereira

Comezamos novo ano e comezamos nova campaña de visibilización e valoración das nosas mulleres de diferentes edios culturais a través da nosa Axenda Feminista.  Se no 2012 foi a quenda das músicas e no 2013 das escritoras, o 2014 é o ano das teatreiras. Non nacín para ser domesticada é a campaña que nos acompañará os próximos 12 meses, adicando cada mes a unha actriz ou directora de teatro

 

Inauguramos o ano e a campaña cunha grande como Pilar Pereira. Deixámosvos o texto e a foto que nos enviou para Axenda Feminista 2014 Teatreiras Galegas.

 

 

O feito de ser muller veu comigo de nacemento. O feito de querer selo, de asumilo, unha sorte.

 

Sucedeu cara aos meus trinta anos, e desde entón sempre estiven orgullosa do meu xénero feminino.

 

Imposible que non me defina e sexa na realidade feminista. Este feito funo desenvolvendo ao longo da miña vida coa sorte engadida de ser mai de tres fillas.

 

Como profesional deste complicado oficio, o teatro, coido que tamén exercín, ás veces en silencio e outras con moito ruído, a defensa sempre necesaria da muller; asunto que por moito que avance, nunca está no seu lugar.

 

As tres obras de teatro que escribín e estreei falan non da muller, senón tamén a partir da muller, das súas ideas, dos seus pensamentos, dos seus desexos. Todas sabemos dos pouquísimos papeis que na dramaturxia existen para as mulleres, e case sempre estas mulleres teñen dono. Son fillas, esposas, secretarias, prostitutas, etc.

 

Esta postura feminista, esta loita, temos que facela chegar á nosa profesión. Por isto, a existencia dun grupo de mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade, que dedica unha axenda aos distintos oficios das mulleres, fai que non dubide en colaborar con moito agrado neste proxecto.

 

Un agarimoso saúdo.

 

Pilar Pereira

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es