Cartel 19
Cartel 15
Cartel 5
Cartel 17

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30
O Observatorio condena os dous asasinatos machistas de Cervo e esixe máis medios para pórlle fin á violencia contra as mulleres

DesdeObservatorio da Mariña pola Igualdade manifestamos a nosa condena aos asasinatos de dúas mulleres que tiveron lugar onte, 14 de xaneiro, en Cervo, froito da violencia machista que afecta á nosa sociedade. É por iso que convocamos  a todas as mariñás e mariñáns a unha concentración o xoves 16 na Praza dos Campos (antiga Plazoleta) de San Cibrao, que comezará ás 8 da tarde e que concluirá coa lectura dun manifesto. Amais de enviarlle todo o noso apoio á familia e amizades das dúas mulleresfacemos un chamamento á sociedade da Mariña para que se posicione frontalmente en contra de todas as manifestacións da discriminación machista, das cales os feminicidiosou asasinatos de mulleresconstitúen o exemplo máis extremo.

 

O feito de que esta traxedia sacuda agora a nosa comarca é terríbel, pero non debe facernos esquecer que a violencia machista é desgraciadamente un fenómeno global, e que cada día se producen asasinatos de mulleres en todo o planeta, simplemente polo feito de seren mulleres. A repulsa e condena debe estenderse a escala planetaria. Estes asasinatos  poden explicarse como consecuencia última dunha discriminación de xénero que hai que poder atallar moito antes de que teña desenlaces fatais. Neste sentido, desde o Observatorio pola Igualdade esiximos máis medios para loitar contra esta lacra social, xa que estamos vendo como nos últimos anos  se recortan os  recursos persoais e materiais para loitar contra a discriminación en xeral, e contra a violencia machista en particular. Redúcense as contías nos orzamentos, elimínanse as prestacións económicas para que as vítimas de violencia poidan refacer a súa vida, cada vez dótanse de menos medios materiais e humanos as casas de acollida ou centros de información ás mulleres, diminúense os medios para a formación en materia de xénero por parte de profesionais nos ámbitos xurídicos, sanitario, forzas e corpos das seguridade do estado e educativo, etc.

 

A solución á violencia machista está na educación, e mais concretamente fomentando valores coeducativos e de educación en igualdade. É por iso que desde o Observatorio reivindicamos que a loita contra os feminicidios que acontecen na nosa contorna sexa un asunto prioritario tanto no gobernos locais e autonómico, como no estatal. A última muller asasinada como consecuencia da violencia machista no ano 2013 residía no Concello pontevedrés de Marín, á que se suman agora as dúas vítimas de Cervo.

 

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es