Cartel 19
Cartel 15
Cartel 17
Cartel 5

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
Eva Moreda

Chegado decembro rematamos a nosa campaña do ano 2013 Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento..., de visibilizacion e valoración das nosas escritoras, adicándolla á ribadense Eva Moreda. Deixámosvos co texto e a foto que pecha a Axenda Feminista 2013 sobre Escritoras Galegas. En nada comezamos coa campaña do 2014, Non nacín para ser domesticada...adicada ás teatreiras galegas

 

 

 

Hai agora máis de sesenta anos, Jorge Semprún publicaba no exilio unha crítica de Nada, a popular novela de Carmen Laforet, e comezaba dicindo que, ao contrario dos textos eloxiosos que sobre a novela se publicaban nos medios franquistas, a súa crítica ía ser rigorosa e non ía falar da vida da autora, dos seus gustos, das súas afeccións. Poucas liñas máis adiante, dicía que a trama –que el consideraba insignificante e mesquiña- era seguramente autobiográfica. En que quedamos logo? Importa a biografía ou non importa para nada? O triste non é que homes de esquerdas, supostamente modernos e supostamente sensibles a asuntos de igualdade de xénero, amosasen esa condescendencia cunha colega á altura de 1948; non, o triste é que moitos a seguen amosando hoxe. Non hai libro de autoría feminina que non fose nunca obxecto de especulacións, na crítica, sobre a súa relación coa autobiografía da autora. As achegas biográficas ás obras literarias poden achegar cousas boas, pero unha e outra vez, e sempre para as mulleres, xa cansa. No fondo está sempre a condescendencia, a crenza de que as mulleres podemos novelar sobre as nosas propias vidas porque a imaxinación literaria é, seica, patrimonio masculino.

 

                                                                                                                                                            Eva Moreda

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es