Cartel 5
Cartel 19
Cartel 17
Cartel 15

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30

QUE é o OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE?

 

Unha asociación feminista, integrada por mulleres da Mariña. A través de xuntanzas periódicas pomos en común análises e deseñamos estratexias e actividades a realizar na comarca, ademais de informar sobre os recursos dispoñíbeis.

 



 

>> Por que FEMINISTA?

 

O feminismo ten por obxectivo acadar a igualdade social entre mulleres e homes, superando a discriminación por razóns de sexo.

 


>> Por que DA MARIÑA?

 

O Observatorio está integrado por mulleres pertencentes ás diversas localidades que conforman A Mariña. Queremos achegarnos á nosa contorna e dar resposta ás demandas e ás problemáticas específicas formuladas polas mulleres da nosa comarca.

 

 

POR QUE nace o OBSERVATORIO?

 

Na nosa sociedade as mulleres seguen sufrindo discriminación (abonda pensar na feminización da pobreza, violencia, desemprego feminino, negación do dereito a decidir sobre o noso corpo, etc.). O Observatorio nace porque cremos que debemos seguir xerando conciencia crítica e impulsar movementos que fomenten a participación activa das mulleres como principais protagonistas da transformación social.

 

 

CALES son os OBXECTIVOS do Observatorio?

 

>> Enfocar a realidade da nosa comarca desde a PERSPECTIVA DE XÉNERO, é dicir, tendo en conta as particularidades da situación social das mulleres e dos homes, os seus problemas concretos e as súas necesidades específicas.

 

>> Analizar e identificar como se constrúen as DESIGUALDADES SOCIAIS entre os xéneros a nivel local, na nosa comarca.

 

>> DAR A COÑECER as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da Mariña.

 

>> Pór en práctica ESTRATEXIAS, actividades e alternativas reais que contribúan, dende o nivel local, a transformar a sociedade patriarcal nunha SOCIEDADE IGUALITARIA.

 

>> Servir como canle de COMUNICACIÓN entre as institucións da nosa comarca e a sociedade civil, informando a mulleres e homes dos RECURSOS cos que contan a nivel institucional para mellorar as súas vidas.

 

>> Velar pola aplicación do PRINCIPIO DE IGUALDADE DE XÉNERO no conxunto das accións e políticas que se desenvolvan na Mariña para alcanzar unha igualdade real entre mulleres e homes.

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es