Cartel 15
Cartel 5
Cartel 17
Cartel 19

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
COMUNICADO URXENTE DO OBSERVATORIO EN RELACIÓN Á POLÉMICA XERADA TRAS A NOTA DE PRENSA ENVIADA ONTE AOS MEDIOS SOBRE A VULNERACIÓN DOS DEREITOS DAS EMBARAZADAS NO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade queremos aclarar

 

1. QUE NO DÍA 30 DE NOVEMBRO PROCEDEMOS A ENVIAR UNHA NOTA DE PRENSA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, EN RELACIÓN Á INFORMACIÓN QUE ÁS MULLERES EMBARAZADAS SE ESTABA A DAR POR PARTE DO SERVIZO DE OBSTETRICIA DO HOSPITAL DE BURELA.  A NOTA É A QUE DETALLAMOS A CONTINUACIÓN

 

No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas

No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas. Os xinecólogos e xinecólogas, que son as persoas responsábeis de realizaren as probas prenatais (ecografías, basicamente), non están a informar dos problemas ou malformaciónsque detectan no feto. En calquera actuación sanitaria tal como se recolle na Lei 41/2002 do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica (BOE núm. 274, do 15-11-2002) debe garantirse o dereito de información sanitaria:

 

Artigo 4. Dereito á información asistencial.

1. Os pacientes teñen dereito a coñecer, con motivo de calquera actuación no ámbito da súa saúde, toda a información dispoñible sobre ela, salvando os supostos exceptuados pola lei. Ademais, toda persoa ten dereito a que se respecte a súa vontade de non ser informada. A información, que como regra xeral se proporcionará verbalmente deixando constancia na historia clínica, comprende, como mínimo, a finalidade e a natureza de cada intervención, os seus riscos e as súas consecuencias.

2. A información clínica forma parte de tódalas actuacións asistenciais, será verdadeira, comunicaráselle ó paciente de forma comprensible e adecuada ás súas necesidades e axudaralle a tomar decisións de acordo coa súa propia e libre vontade.

3. O médico responsable do paciente garántelle o cumprimento do seu dereito á información. Os profesionais que o atendan durante o proceso asistencial ou lle apliquen unha técnica ou un procedemento concreto tamén serán responsables de informalo.

 

No Hospital da Costa no Servizo de Obstetricia non se dá información ou esa información non é correcta, os médicos/as, profesionais nos que depositamos toda a confianza nun momento tan especial da nosa vida, fan as probas, din que todo está ben aínda que haxa problemas graves. Isto está a traer como consecuencia inclusive problemas graves nas mulleres embarazadas. Son moitos os casos nos que xa na ecografía da semana 12 se detectan malformacións graves no feto e desde o hospital non informan á paciente. Nalgúns casos mandan realizar probas que non teñen nada que ver co problema para que vaia pasando o tempo e así pasar das 22 semanas que son as que a lei permite para a interrupción do embarazo no caso de malformacións graves no feto.

 

A falta de información leva a que non se poida tomar unha decisión libremente e ademais ao pensaren as mulleres embarazadas que o embarazo vai ben pasa o tempo e cando xa é evidente que o embarazo non pode chegar a término desde o hospital non asumen responsabilidades nin dan solucións e abandónante e nestas situacións tan difíciles debes facer fronte ademais a uns gastos económicos que supón acudir a clínicas privadas. Neste sentido o Servizo Galego de Saúde, Sergas, non está a garantir a asistencia sanitaria pois polas ideas persoais duns/dunhas profesionais dun servizo determinado obrigan a acudir a médicos/as que exercen o seu traballo en consultas privadas.

                        

Denunciamos que desde o Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa se están a vulnerar os dereitos das pacientes á información veraz e a exercer o seu dereito ao aborto dentro do establecido pola lei. Consideramos moi graves estas situacións xa que están nacendo nenos/as con malformacións que son coñecidas pola nai no momento de naceren ou mesmo casos nos que morre o bebé e a nai sen que antes se informara de ningún problema. O Sergas debe garantir a asistencia e o dereito á saúde e neste servizo no caso da Mariña  non é así polo que debe actuar e tomar medidas para que non acontezan nunca máis estes posíbeis casos de neglixencia. O dereito a obxectar non debe entorpecer o dereito a unha sanidade onde as pacientes decidan, onde as mulleres poidan  decidir en liberdade e con información. 

 

2. QUE NO MESMO DÍA 30 DE NOVEMBRO, E DESPOIS DE DETECTAR UN ERRO NA REDACCIÓN DA NOTA ANTERIOR, PROCEDEMOS AO ENVÍO DUNHA SEGUNDA NOTA CORRIXIDA E MODIFICADA, E NOS PUXEMOS EN CONTACTO TELEFÓNICO  COS MEDIOS PARA AVISALOS DESTA CIRCUNSTANCIA, COA FINALIDADE DE QUE SÓ TIVESEN EN CONTA A SEGUNDA NOTA. É ESTA QUE DETALLAMOS A CONTINUACIÓN: 

 

No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas

 

No Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela estanse a vulnerar os dereitos das pacientes embarazadas. Os xinecólogos e xinecólogas, que son as persoas responsábeis de realizaren as probas prenatais (ecografías, basicamente), non están a informar dos problemas ou malformaciónsque detectan no feto. En calquera actuación sanitaria tal como se recolle na Lei 41/2002 do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica (BOE núm. 274, do 15-11-2002) debe garantirse o dereito de información sanitaria:

 

Artigo 4. Dereito á información asistencial.

1. Os pacientes teñen dereito a coñecer, con motivo de calquera actuación no ámbito da súa saúde, toda a información dispoñible sobre ela, salvando os supostos exceptuados pola lei. Ademais, toda persoa ten dereito a que se respecte a súa vontade de non ser informada. A información, que como regra xeral se proporcionará verbalmente deixando constancia na historia clínica, comprende, como mínimo, a finalidade e a natureza de cada intervención, os seus riscos e as súas consecuencias.

2. A información clínica forma parte de tódalas actuacións asistenciais, será verdadeira, comunicaráselle ó paciente de forma comprensible e adecuada ás súas necesidades e axudaralle a tomar decisións de acordo coa súa propia e libre vontade.

3. O médico responsable do paciente garántelle o cumprimento do seu dereito á información. Os profesionais que o atendan durante o proceso asistencial ou lle apliquen unha técnica ou un procedemento concreto tamén serán responsables de informalo.

 

No Hospital da Costa no Servizo de Obstetricia non se dá información ou esa información non é correcta, os médicos/as, profesionais nos que depositamos toda a confianza nun momento tan especial da nosa vida, fan as probas, din que todo está ben aínda que haxa problemas graves. Isto está a traer como consecuencia inclusive problemas graves nas mulleres embarazadas. Son moitos os casos nos que xa na ecografía da semana 12 se detectan malformacións graves no feto e desde o hospital non informan á paciente. Nalgúns casos mandan realizar probas que non teñen nada que ver co problema para que vaia pasando o tempo e así pasar das 22 semanas que son as que a lei permite para a interrupción do embarazo no caso de malformacións graves no feto.

 

A falta de información leva a que non se poida tomar unha decisión libremente e ademais ao pensaren as mulleres embarazadas que o embarazo vai ben pasa o tempo e cando xa é evidente que o embarazo non pode chegar a término desde o hospital non asumen responsabilidades nin dan solucións e abandónante e nestas situacións tan difíciles debes facer fronte ademais a uns gastos económicos que supón acudir a clínicas privadas. Neste sentido o Servizo Galego de Saúde, Sergas, non está a garantir a asistencia sanitaria pois polas ideas persoais duns/dunhas profesionais dun servizo determinado obrigan a acudir a médicos/as que exercen o seu traballo en consultas privadas.

                        

Denunciamos que desde o Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa se están a vulnerar os dereitos das pacientes á información veraz e a exercer o seu dereito ao aborto dentro do establecido pola lei. O Sergas debe garantir a asistencia e o dereito á saúde e neste servizo no caso da Mariña  non é así polo que debe actuar e tomar medidas para que non acontezan nunca máis estes posíbeis casos de neglixencia. O dereito a obxectar non debe entorpecer o dereito a unha sanidade onde as pacientes decidan, onde as mulleres poidan  decidir en liberdade e con información. 

 

3. QUE NO DÍA 1 DE DECEMBRO, ÁS 14.00H, PROCEDEMOS AO ENVÍO A TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DO SEGUINTE COMUNICADO URXENTE: 

 

COMUNICADO URXENTE DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE, EN RELACIÓN Á POLÉMICA XERADA TRAS A NOTA DE PRENSA ENVIADA ONTE AOS MEDIOS SOBRE A VULNERACIÓN DOS DEREITOS DAS EMBARAZADAS NO HOSPITAL DA COSTA DE BURELA

 

01/12/2012, 14.00h.

 

En resposta á información publicada no suplemento A Mariña, do xornal El Progreso, con data 1 de decembro de 2012, sobre a vulneración dos dereitos das pacientes embarazadas no Servizo de Obstetricia do Hospital da Costa de Burela (segundo o contemplado na Lei 41/2002 do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, BOE núm. 274, do 15-11-2002) denunciada onte polo Observatorio da Mariña pola Igualdade nunha nota de prensa enviada aos medios de comunicación de todo o país,

 

Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade desexamos manifestar os seguintes puntos:

 

  • No día de onte, 30 de novembro, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade (OMI) enviáronse dúas notas para os medios de idéntico contido, agás no caso da seguinte frase aparecida unicamente na primeira nota: Consideramos moi graves estas situacións xa que están nacendo nenos/as con malformacións que son coñecidas pola nai no momento de naceren ou mesmo casos nos que morre o bebé e a nai sen que antes se informara de ningún problema”. Tras o envío da primeira nota, reparouse en que pola súa redacción ambigua esta frase podería levar a interpretacións erróneas nas que se deducise que as situacións se referían directamente ao Hospital da Costa. Lonxe diso, ao mencionar estes casos, desde o Observatorio tratábamos de alertar sobre como a vulneración dos dereitos das pacientes embarazadas pode desembocar en situacións fatais, tal e como a acontecida en Irlanda en novembro, no que unha muller de 31 anos morreu logo de lle negaren o dereito a abortar un feto inviábel (véxase noticia en El País, 14/11/2012, http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/14/actualidad/1352919338_098702.html)

 

  • Constatada a redacción inapropiada, desde o Observatorio procedeuse inmediatamente ao envío dunha segunda nota na que se eliminaba a frase en cuestión, e se advertía aos medios explicitamente do cambio de redacción, facilitando tamén contactos telefónicos directos para calquera aclaración posterior. Deste xeito, entendemos que na información recollida na noticia publicada polo medio anteriormente mencionado realizase unha interpretación inapropiada da afirmación “casos nos que morre o bebé e a nai sen que antes se informara de ningún problema”, da que o OMI non participa.

 

  • A denuncia realizada polo Observatorio da Mariña da Igualdade non debe entenderse, en ningún momento, como un ataque contra o Hospital da Costa nin contra o conxunto de traballadoras e traballadores. Moi ao contrario, desde o Observatorio somos conscientes do bo facer xeneralizado do persoal sanitario á vez que facemos unha defensa firme da sanidade pública e de calidade. Non obstante, tamén esiximos que desde a sanidade pública, e especialmente no Hospital da Costa, sendo o hospital de referencia para todas as mariñás:
    • se ofrezan todas as prestacións sanitarias incluídas na carteira de servizos regulada por lei, incluída a interrupción voluntaria do embarazo,
    • se garanta que corresponde unicamente ás mulleres embarazadas tomar as decisións sobre o futuro dos fetos e a posibilidade de interromper ou non os seus embarazos,
    • se garanta que corresponde ás/aos profesionais médicos trasladar ás pacientes toda a información sobre o estado dos fetos, de forma profesional, veraz e á marxe de consideracións doutro tipo.

 

  • O comunicado enviado onte desde o noso colectivo atende ao coñecemento de diferentes casos, trasladados ao Observatorio por algunhas persoas que os padeceron, nos que as mulleres embarazadas foron advertidas dos graves problemas que presentaban os fetos non nos exames médicos realizados no Hospital da Costa, senón posteriormente noutros centros sanitarios ou por parte doutro persoal médico.

 

  • Algunhas destas fontes pediron expresamente confidencialidade para evitar represalias. Con todo, outras fontes amosaron a súa disposición a falar publicamente sobre a vulneración dos seus dereitos como pacientes sufrida no Hospital da Costa, onde no servizo de Obstetricia non se lle detectou unha malformación  grave no feto que levaría á súa inviabilidade, mentres que a simple lectura da ecografía por outro persoal sanitario (mesmo por persoal sanitaria non especialista en xinecoloxía e obstetricia) si detectou esta malformación.

 

[Facilitouselle aos medios de comunicación a información de contacto dalgunha das mulleres afectadas]

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es