Cartel 15
Cartel 19
Cartel 5
Cartel 17

calendario

Último mes setembro 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 35 1 2 3
week 36 4 5 6 7 8 9 10
week 37 11 12 13 14 15 16 17
week 38 18 19 20 21 22 23 24
week 39 25 26 27 28 29 30
O Observatorio demanda máis políticas de prevención e de mellora na atención directa ás vítimas da violencia machista

Nova denuncia pública do Observatorio da Mariña pola Igualdade, desta volta demandando máis políticas de prevención e de mellora na atención directa ás vítimas da violencia machista:

 

Os efectos da crise son demoledores para a sociedade en xeral pero nela as mulleres son dobremente agredidas, como cidadás e como mulleres. Mais cabe salientar e enfatizar que esta crise non é unha crise económica, senón de valores. As medidas que o sistema actual está impoñendo non veñen máis que a favorecer a uns poucos e a perxudicar aínda máis á grande parte da poboación. Máis medidas deste tipo conlevan máis recesión, máis pobreza e maior feminización desa pobreza

 

 

En consonancia con isto, o Observatorio da Mariña pola Igualdade alerta da redución nos orzamentos do Estado para o 2012 nas políticas dirixidas a paliar á violencia de xénero. O presuposto global da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero é de 23.905.000 euros, un 21% menos (6.457.180 euros) menor que en 2011. Un 71% redúcese o presuposto destinado ás campañas publicitarias de sensibilización e contra a violencia machista, xa que se considera que o gasto publicitario non é prioritario. Afirman, desde o goberno, que se adicarían a reutilizar campañas xa existentes nas que a mensaxe siga de actualidade  centrándose en soportes máis económicos como as redes sociais e internet. 

 

Isto amosa unha clara falla de coñecemento da realidade. Primeiro, o deseño dunha campaña de publicidade faise en base a uns obxectivos definidos e un contexto determinado. Nun momento cambiante como no que estamos, custionamos que se poidan reciclar e reutilizar á lixeira as campañas. Unha gran maioría social non está nas redes sociais nin usa internet, e aínda hai moitas casas nas que non hai internet. A alfabetización dixital non é universal nin pública (e seguramente sexa ao primeiro que teñen que renunciar moitas familias nos vindeiros meses por mor da crise). 

 

Vanse manter tres servizos: o servizo teléfonico do 061, as pulseiras GPS para os agresores e o teléfono de emerxencias con localizador de chamada e servizo 24 horas (Atenpro). Nos presupostos deste ano non se contempla unha partida específica para o programa de reeducación de maltratadores, que supuña un millón de euros.

 

Ademáis hai que dicir que se evidencia unha total falta de sensibilidade coa problemática da violencia de xénero. Se ben os recortes existen en todas as áreas, o recorte orzamentario cébase coa igualdade e coa loita contra a violencia de xénero. Sofren estes un recorte de fondos superior ao que padece o presuposto total do ministerio do que dependen, Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.Este departamento ten para este ano un 13,75% menos (2309 millóns de euros). A isto hai que endadirlle, xa que estamos ante un problema multidimensional e de carácter transversal, os recortes das áreas de Educación e Sanidade. De Educación, porque a única prevención da violencia a longo prazo é a través da educación en igualdade. E na Sanidade vai afectar na atención ás mulleres, no tempo para a detección da violencia de xénero, etc.

 

Estase a incumprir a lexislación vixente e isto está repercutindo en cuestións tan básicas como  na atención ás propias vítimas da violencia de xénero. Esta semana morría en Madrid unha muller asasinada polo seu marido. Esta muller dera sinais do que estaba a acontecer.  Fixera chamadas ao 061, @s veciñ@s avisaron á policía ante unha discusión de gravidade a horas intempestivas, e estes persoáronse alí e  saltáronse o "abc básico". Non se pode entrevistar á vítima e ao agresor xuntos e os servizos de atención ás vítimas teñen que respostar ante calquera indicio.

 

Por todo isto, dende o Observatorio  entendemos que é precisa unha delimitación de prioridades de gasto adaptadas á realidade social e en beneficio da maioría social:

 

- Máis inversión  en campañas de sensibilización social. A cidadanía aínda non sabe ben que é a violencia de  xénero , nin como parala nin que recursos teñen as/os familiares, veciñas/os e as propias vítimas.

 

- Por outra parte criticamos a falta de coordinación e de funcionamento dos diversos axentes (persoal das FCSE, da xudicatura, da avogacía, sanitario, dos servizos sociais) que interveñen na atención ás vítimas de violencia de xénero. Cóntanos a desinformación e trato humillante e revitimizador que sofren en moitas ocasións as mulleres que padecen violencia de xénero cando conta o que lles pasa, cando deciden dar o paso para denunciar. Ás veces, até que chega o último momento, até que as consecuencias se voltan irreparables como é a morte desa muller, as testemuñas non resultan cribles. O asasinato desa muller en Madrid debe levar ao goberno do Estado a reprantexarse os orzamentos. As e os profesionais precisan formarse, ter a súa disposición recursos que ofertar ás mulleres. Son os gobernos estatais e autonómicos os que deben os que deben promover políticas activas de formación en violencia de xénero.

 

- Demandamos máis prevención e unha mellora na atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. A violencia machista asasinou xa a 16 mulleres en 4 meses do 2012.

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es