Cartel 5
Cartel 15
Cartel 19
Cartel 17

calendario

Último mes xullo 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 26 1 2
week 27 3 4 5 6 7 8 9
week 28 10 11 12 13 14 15 16
week 29 17 18 19 20 21 22 23
week 30 24 25 26 27 28 29 30
week 31 31
actualidade
VI Video-forum Mulleres no Mundo
19 de Outubro de 2014

Un ano máis por estas datas presentamos, en colaboración coa Uned e con Radiofoz,  o Video-forum Mulleres no Mundo. Outra edición, a sexta xa!, dun video-forum que nos permite achegarnos e profundizar nas realidades de mulleres de todos os recunchos do mundo. Ao remate desta sexta edición, o próximo 27 de novembro, serán máis de 30 as películas proxectadas nestes seis anos, a través das cales o público puido achegarse ao cinema de Israel, Afganistán, Irán, Francia, India, Líbano, Serbia, Senegal, Ecuador, EE.UU, Arxentina, Perú, Bosnia Herzegobina, Canadá, Suíza ou Arabia Saudita. Cinema dirixido maioritariamente por mulleres, e cinema recoñecido e premiado ao que moitas veces é complicado achegarse por non ser tan comercial nen chegar ás carteleiras das salas da Mariña nin das cidades galegas.  

 

 

Ler máis...
 
Íamos ser raiñas: charla-coloquio con Nuria Varela en Ribadeo!
12 de Xuño de 2014

Por fin podemos desvelarvos unha das actividades na que levamos tempo traballando e que nos fai moitísima ilusión: o próximo venres 27 de xuño, ás 20.30h na Casa das Letras de Ribadeo, teremos o luxo de ter con nós a  Nuria Varela na charla-coloquio Íamos ser raiñas, na que teremos a oportunidade de reflexionar e debatir sobre o machismo e o feminismo, o papel do feminismo hoxe en día, as diferentes violencias simbólicas que nos afectan e que están completamente naturalizadas, etc.

 

Ler máis...
 
O Observatorio condena o asasinato machista de Foz e convoca unha concentración na Praza do Concello da localidade para o luns 28 de abril ás 20.00h
25 de Abril de 2014

O novo caso de violencia violencia machista ocorrido no lugar deMalates en Foz, o pasado xoves 24 de abrilvolve estremecer a comarca da Mariña. Nos catro meses deste ano 2014, tres crimes de violencia machista sacudiron xa a nosa bisbarra, de forma que o asasinato de Foz súmase aos dous feminicidios ocorridos en Cervo no mes de xaneiro. A nivel provincial, catro mulleres foron asasinadas xa na provincia polo simple ‘delito’ de seren mulleres nunha sociedade machista, de forma que “no que vai de ano, o índice de asasinadas na provincia de Lugo é de unha muller por mes”, destaca Luísa González, presidenta da asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade. González destaca igualmente como “estas cifras lémbrannos o lonxe que estamos de acadar na nosa sociedade que os crimes de xénero sexan cousa do pasado; pero amais, non debemos esquecer que a violencia machista é desgraciadamente un fenómeno global, así que cando unha muller é asasinada polo feito de ser muller, todas somos atacadas”.

Ler máis...
 
Presentación en Ribadeo do último libro de María Xosé Queizán, O solpor da cupletista
16 de Abril de 2014

O próximo mércores 23 de abril, Día Internacional do Libro, organizamos en Ribadeo a presentación do último libro de Maria Xosé Queizán, O solpor da cupletista (Ed: Xerais, 2013), unha novela onde Queizán nos presenta a Carolina Otero, a célebre actriz e bailarina galega da Belle Époque francesa. Na presentación estará a propia Maria Xosé Queizán, unha das máis relevantes escritoras galegas e figura clave do feminismo galego, así como Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia. 

 

Será ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo. Animádevos!

 

 

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

destacado

Queredes a unidade didáctica que editamos sobre a mestra e pedagoga Antía Cal con motivo da homenaxe que se lle rendeu en Muras? Pinchade aquí e aquí e facédevos co material!

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es