Cartel 15
Cartel 17
Cartel 5
Cartel 19

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
actualidade
Cadea humana en contra da reforma da Lei do Aborto
03 de Febreiro de 2014

O pasado 1 de febreiro comezamos unha serie de actos reivindicativos e informativos en torno ao dereito ao aborto. O primeiro deles foi a cadea humana na Ponte dos Santos en contra da reforma da lei do aborto, coincidindo co Tren da Liberdade que chegaba ese mesmo día ás 12h a Madrid. Convocada pola Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo, diversos Concellos e Asociacións de mulleres do Occidente Astur e o Observatorio da Mariña pola Igualdade, xuntámonos na parte asturiana da Ponte para ler o texto "Porque eu decido", e despois fíxose a cadea humana, con preto de 400 persoas, que se estendeu ao longo da Ponte dos Santos. 

 

 

 

Ler máis...
 
Actos reivindicativos e informativos: o aborto a debate
28 de Xaneiro de 2014

Durante o próximo mes de febreiro imos levar a cabo, xunto coa Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo, diversos actos reivindicativos e informativos en torno ao aborto,  que tan de actualidade está por mor da reforma da Lei do aborto que o goberno quere levar a cabo e que supón un retroceso importantísimo nos dereitos das mulleres.

 

Convidámosvos a tod@s a participar e reivindicar o aborto e libre e gratuíto! Nós parimos, nós decidimos!

 

Ler máis...
 
Manifesto do Observatorio ante os dous asasinatos machistas de Cervo
20 de Xaneiro de 2014

Boa noite, aínda que é unha noite ben triste.

 

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade queremos expresar de maneira pública o noso máis rotundo rexeitamento aos asasinatos de María José Suárez e Adela López, mulleres de Cervo  a quen se lles arrebatou a vida como consecuencia da violencia machista que afecta á nosa sociedade. Por suposto, unímonos á súa familia e amizades nestes momentos de dor, e queremos  trasladarlles tamén publicamente o noso máis sentido pésame.

 

Mais concentrámonos hoxe aquí tamén porque, como asociación feminista que levamos xa case 6 anos traballando pola igualdade de xénero na nosa comarca, queremos facer un chamamento a toda a sociedade para que todas e todos (veciñas e veciños de Riocobo, de Cervo, do resto da Mariña e de toda Galiza), nos posicionemos enerxicamente en contra de todas as diferentes manifestacións que ten a discriminación machista; para que rexeitemos e denunciemos con contundencia todos os exemplos de discriminación sexista que sufrimos as mulleres, e das cales os feminicidios (ou asasinatos de mulleres, como os destas dúas veciñas de Riocobo), constitúen o exemplo máis extremo.

Ler máis...
 
O Observatorio condena os dous asasinatos machistas de Cervo e esixe máis medios para pórlle fin á violencia contra as mulleres
15 de Xaneiro de 2014

DesdeObservatorio da Mariña pola Igualdade manifestamos a nosa condena aos asasinatos de dúas mulleres que tiveron lugar onte, 14 de xaneiro, en Cervo, froito da violencia machista que afecta á nosa sociedade. É por iso que convocamos  a todas as mariñás e mariñáns a unha concentración o xoves 16 na Praza dos Campos de San Cibrao, que comezará ás 8 da tarde e que concluirá coa lectura dun manifesto. Amais de enviarlle todo o noso apoio á familia e amizades das dúas mulleresfacemos un chamamento á sociedade da Mariña para que se posicione frontalmente en contra de todas as manifestacións da discriminación machista, das cales os feminicidiosou asasinatos de mulleresconstitúen o exemplo máis extremo.

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

destacado

Queredes a unidade didáctica que editamos sobre a mestra e pedagoga Antía Cal con motivo da homenaxe que se lle rendeu en Muras? Pinchade aquí e aquí e facédevos co material!

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es