Cartel 17
Cartel 15
Cartel 19
Cartel 5

calendario

Último mes maio 2017 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6 7
week 19 8 9 10 11 12 13 14
week 20 15 16 17 18 19 20 21
week 21 22 23 24 25 26 27 28
week 22 29 30 31
actualidade
Actividades do Observatorio para marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres
06 de Marzo de 2014

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres e sexto aniversario do Observatorio, temos preparado un mes de marzo cargado de actividades reivindicativas, informativas e formativas. Anotade ben nas vosas Axendas Feministas:

 

- Sábado 8 de marzo: pola mañá participaremos no acto que se organiza, polo Dia Internacional das Mulleres, desde a area de Igualdade, Benestar e Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será ás 11h na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo. Un pequeno acto no que se leerá o manifesto asinado polo Observatorio e diversas asociacións da provincia de Lugo, seguido dunha pequena actuación musical. 

 

Ese mesmo sábado pola tarde, ás 20.00h na Casa da Cultura de San Cibrao, participaremos no foro sobre os dereitos humanos organizado pola Asociación Cultural Os Aventados de San Cibrao. 

 

- Domingo 9 de marzo: o feminismo galego sae de novo as rúas! Ás 12.00h, convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, estaremos na Manifestación Nacional en Compostela, desde a estación de tren até a praza da Quintana, polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Enchamos a Quintana! Berremos alto e claro! Nós parimos, nós decidimos!

 

- Venres 21 de marzo: retomando o ciclo de charlas informativas, o venres 21 ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo, teremos unha charla informativa sobre a custodia compatida coa avogada Victoria Carbajal Fernández, do colectivo asturiano Abogadas para la Igualdad, co obxectivo de clarificar que é iso da custodia compatida, cal é a lexislación vixente e cal é a realidade nos casos de custodia compatida imposta. 

 

- Última semana de marzo: aínda que está por confirmar o día exacto, a última semana de marzo dará comezo en Ribadeo un curso de fotografía dixital para mulleres impartido por Ánxela Rodríguez García

 

Que vos parece? Animádevos a acompañarnos?

 
Manifestacion nacional o 9 de marzo polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
25 de Febreiro de 2014

O feminismo galego sae de novo ás rúas! Serápróximo 9 de marzo en Compostela, na Manifestación Nacional polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que o Observatorio forma parte

 

Desde o Observatorio estamos mirando a posibilidade de contratar un autobús para facilitar o desprazamento das persoas da Mariña a Compostela, mais precisamos saber se vos interesa ou non. Así que se che/vos apetece ir en bus, escribenos/escribidenos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do luns 3 de marzo. De reunirmos un mínimo de persoas, contrataríamos o autobús que se pagaría a escote entre tod@s

 

Enchamos a Quintana o 9 de marzo! Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos! Nós parimos, nós decidimos!

 

 

 

 

 

 
Charla-café "Os dereitos sexuais e reprodutivos a debate", con Lola Ferreiro
17 de Febreiro de 2014

E para rematar a serie de actos reivindicativos e informativos en torno ao dereito ao aborto, tivemos o pasado venres 14 de febreiro, na Casa das Letras de Ribadeo, a charla-café "Os dereitos sexuais e reprodutivos a debate", coa gran amiga Lola Ferreiro

 

Ler máis...
 
Video-forum "O aborto, cuestión de liberdade"
13 de Febreiro de 2014

Continuando cos actos reivindicativos e informativos en torno ao dereito ao aborto, os días 10, 11 e 12 organizamos no Cine Teatro de Ribadeo, xunto coa Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo e coa colaboración de Radiofoz, o video-forum "O aborto, cuestión de liberdade", no que proxectamos diversas películas que trataban o tema do aborto co obxectivo de achegarnos a experiencias e tratamentos doutras sociedades e doutras épocas en relación a esta cuestión, para así fornecer máis puntos de vista e poder conformar unha opinión informada e crítica sobre o mesmo.

 

  

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

destacado

Queredes a unidade didáctica que editamos sobre a mestra e pedagoga Antía Cal con motivo da homenaxe que se lle rendeu en Muras? Pinchade aquí e aquí e facédevos co material!

 

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es